Segundo as novas publicadas, parece ser que o 5 de Febreiro, estará en Burela o sr. Blanco, ministro de Fomento. Supoño que non veña en helicóptero, e comprobe, in situ, e nas súas carnes, o lamentable estado das estradas da bisbarra. En concreto algúns treitos, Mañente, variante de Foz, Nois… Eu creo que os mariñáns tamén pagamos impostos, nembargantes, trátannos coma cidadáns de 2ª ou mais ben de 3ª. Non hai dereito, sobre todo vendo como se tiran os cartos en obras como a cementada do Cenima, que agora resulta que se investiron case 5 millóns de euros para montar exposicións.
Por certo sigo tendo unha pregunta, sen contestar, o servizo provincial de Costas segue pagando un entrechán en Alvaro Cunqueiro, e non pasaron ao famoso Cenima?