Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Foz que o alcalde impide que os xubilados fagan uso do seu local social

Nota de prensa:
o pp censura que a deixadez do alcalde impida aos xubilados a posibilidade de facer uso do seu local social

Foz, 18 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín vén de censurar a deixadez do Alcalde socialista de Foz, José María García Rivera, cuxa falta de xestión e desinterese xeneralizado polo funcionamento normal dos servizos municipais, deu lugar a que os xubilados non podan facer uso do seu local social.

“Durante o Nadal –un período no que habitualmente estas instalacións estaban moi concorridas- e ata o día de hoxe, o local dos xubilados permaneceu e permanece pechado o que impide que un gran número de xubilados que acudían diariamente alí para pasar o seu tempo de lecer, relacionarse cos seus amigos, xogar a partida, participar en faladoiros, etc, e facelo ademais nunhas instalacións acondicionadas ao efecto”- explicou Fernández Manín.

Os populares emprazan a García Rivera a adoptar con urxencia as decisións oportunas para que estas instalacións volvan a estar abertas ao público no seu horario habitual, con ou sen cafetería. Precisamente coa marcha das persoas que tiñan a concesión desta cafetería o Concello de Foz tamén pechou o local de xubilados, “o que obrigou a moitos dos seus usuarios habituais a reunirse á intemperie, nos bancos do parque anexo e debaixo do voladizo do edificio de Servizos Sociais, ou a trasladarse a negocios particulares aos que non tiñan a costume de ir”.

O Goberno municipal que preside o socialista García Rivera con esta actitude, non so demostra a súa falta de sensibilidade para co colectivo de persoas maiores e xubilados locais, se non que non tiveron a iniciativa de manter este local aberto con persoal pertencente ao Concello.- dixo Fernández Manín.

Exit mobile version