Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Burela que o alcalde non se preocupa polas cuestión diarias do concello

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O GMPP afirma que o concello perde subvencións da Xunta.

Deixouse de pedir unha para cultura, e outra, para programas integrados de emprego, solicitouse mal.

Os populares consideran que o alcalde non se preocupa nin o máis mínimo polas cuestións do día a día do concello.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe que o alcalde e o bipartito perden subvencións porque non as piden ou as piden mal, o que provoca perda de investimentos e de fomento do emprego. Logo din que a Xunta non colabora co concello de Burela e cousas similares, cando a realidade é absolutamente a contraria, a Xunta cumple a normativa en todo momento, pero o bipartito traballa pouco, e cando traballa traballa mal.

Os populares afirman que o bipartito non solicitou acollerse a unha orden de concesión de subvencións da Xunta a concellos para obras e equipamentos e carácter cultural. Para o GMPP, resulta sorprendente que o bipartito non pedira esta subvención, porque ou ben non se precisa, o que sinceramente dubidamos, ou ben o bipartito non tén ideas, o que está máis próximo á realidade. Os populares lembran que concellos similares a Burela percibiron entre tres mil e seis mil euros, e algúns mesmo máis de vinte mil euros. Pero o concello de Burela é rico, e non lle fan falla os cartos da Xunta nin para obras nin para equipamentos culturais.

Outro exemplo que poñen os populares é a petición formulada polo concello de Burela para a posta en práctica de programas integrados de emprego para 2010 e 2011, segundo a orde da Xunta de Galicia de 29 de marzo de 2010, que tén a finalidade d proporcionar uns coñecementos mínimos a persoas que están situación de desemprego, para facilitarlles o acceso ó mercado laboral. Pois ben, a resolución que remite a Xunta ó concello recolle textualmente, no fundamento terceiro que “O solicitante non cumpre o requisito previsto no artigo 16.c da Orde do 29 de marzo de 2010… O dito artigo establece o seguinte: ‘O número de desempregados que se van atender non será, con carácter xeral inferior a 100, salvo nos casos que non se alcance a porcentaxe de perceptores de prestación por desemprego. En ningún caso será inferior a 60’”.

A conclusión é ben sinxela, segundo os populares: “nin o alcalde nin os concelleiros que din apoialo se preocupan nin o máis mínimo por pedir subvencións ou por pedilas axeitadamente, coa conseguinte merma de fondos para o concello, sobre de todo en fomento do emprego, o que demostra a dobre moral dos socialistas, máis preocupados por xogar cos sentimentos da xente desempregada ca en resolver os problemas dos cidadáns”.

O GMPP agarda que este ano non lle entren as presas ó alcalde coa contratación do persoal estable do GRUMIR, xa que non tén ningunha disculpa para contratalos de inmediato, á vista da orde que se publicou onte no Diario Oficial de Galicia. Ainda que pode resultar que como de costume retrase considerablemente a contratación dada a súa incapacidade para tan siquera dar as instruccións pertinentes para que tal contratación se faiga con certa celeridade.

Exit mobile version