O PP: “hai que reducir certos gastos para darlles subvencións nominativas ós colectivos culturais”.
Consideran preciso unha reformulación da colaboración entre as asociacións.
Os populares agradecen a todos os colectivos o traballo que fan por Burela.
O Partido Popular de Burela continúa a súa rolda de conversas cos colectivos e asociacións de todo ámbito, o que permite estar cós veciños e veciñas do conello de cara a dar a coñecer o seu traballo durante estes últimos anos, coñecer a situación do asociacionismo e recoller suxerencias de cara ó traballo dos próximos meses.
No día de onte, lunes, representantes do PP, encabezados polo seu presidente e candidato José María González Barcia, reuníronse con directivas das asociacións de amas de casa, de palilleiras e da asociación de enfermos afectados polo cancro.
Os populares destacan que a meirande parte das conclusións da reunión mantida no día de onte son comúns cos demais colectivos. Pero existe un problema engadido: a falla de relevo das persoas que agora están en cargos directivos das asociacións. Para os populares, é preciso intentar reformular a colaboración do asociacionismo burelés en base a novas ideas, para así potenciar a participación de máis persoas e polo tanto propiciar tal relevo nas directivas cando este sexa procedente.
Por outra banda, o PP segue insistindo en rescatar as subvencións nominativas para garantir un mínimo de funcionamento dos colectivos culturais e sociais, reducindo a tal efecto o capítulo de gastos diversos e tamén outros gastos para non primar exclusivamente a determinados colectivos en base unicamente a buscar rédito electoral e partidista.
O PP burelés finaliza indicando que a valoración destas reunións está sendo altamente satisfactoria, polo fluido das mesmas e polas interesantes aportacións que están a facer os colectivos. Colectivos ós que lles recoñece o seu traballo e lles agradece a disposición a manter este tipo de reunións.
O PP continurá nos próximos dias a súa rolda de conversas, e de feito hoxe ten previsto reunirse con colectivos vencellados á súade, e o venres coas ANPAs dos centros de ensino da localidade.