Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo implantará a administración electrónica en colaboración coa Xunta

Nota de prensa:
O Pleno municipal aprobou a adhesión ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Presidencia, Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios

O CONCELLO DE CERVO IMPLANTARÁ A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA

* Unha ordenanza determinará a relación de dereitos e deberes que administracións e cidadáns terán que cumprir nas súas relacións a través de internet.

* A idea principal é implantar progresivamente todo un catálogo de servizos dixitais desde tramitación de licenzas, solicitudes, e a gran maioría dos actos administrativos a través da rede internet, ata o taboleiro de notificacións e rexistro de documentos electrónico, ou un espazo web no que comprobar o estado dos expedientes administrativos.

* O Concello de Cervo xa lidera, entre as entidades locais da Mariña, outros espazos de internet como é o caso das redes locais facebook, twiter ou o portal multimedia youtube nos envorca todo tipo de información sobre as actividades municipais.

Cervo, 29 de xaneiro de 2011.- Froito da constante preocupación que o Goberno municipal que preside Alfonso Villares veu mostrando ao longo dos últimos anos por prestar á cidadanía un mellor servizo; e no convencemento de que as novas tecnoloxías da información e das comunicacións fan posible achegar a administración local ata a sala de estar dos cidadáns ou ata as oficinas e despachos das empresas e profesionais; o Concello de Cervo implantará a administración electrónica no marco dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia.

e-administración, e-concellos

Grazas a este novo sistema de relación a través de internet- a e-adminitración desaparecerán moito dos actuais obstáculos cos que se atopa un cidadán que quere desenvolver calquera acto burocrático. Así por exemplo xa non será necesario sacrificar tempo e realizar desprazamentos ata as oficinas municipais, polo que desaparecerá o espazo que separa o domicilio dos cidadáns e empresas coas oficinas públicas do Concello.

A implantación da e-administración no Concello de Cervo será progresiva pero o obxectivo final é acadar múltiples vantaxes como é o caso da tramitación de licenzas, solicitudes, e a gran maioría dos trámites administrativos a través da rede internet. Tamén crearase un taboleiro de anuncios electrónico, co mesmo valor que o taboleiro tradicional, será posible acceder ao rexistro xeral municipal a través de procedementos electrónicos con igual validez e consultar en todo momento –previa identificación- a situación administrativa dos expedientes que teñan iniciado no concello.

Todas estas novas vantaxes, de implantación progresiva ao longo do desenvolvemento do programa de modernización tecnolóxica que o Concello de Cervo quere poñer en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia, serán xa obxecto de regulación por parte da ordenanza municipal cuxa aprobación formalizouse na sesión plenaria do pasado xoves.

Adhesión ao convenio Xunta-FEGAMP

Nesta sesión tamén se levou a proposta de adhesión ao convenio Xunta-FEGAMP para o desenvolvemento da administración electrónica. Dita adhesión permitirá que a cooperación na transmisión da información entre as diferentes administración (provincial, autonómica, estatal e europea) sexa máis simple, áxil e efectiva; redefinindo o modelo de rexistro Portelo Único coa posta en marcha dun rexistro telemático que estará integrado no Rexistro Xeral e que posibilitará o envío de documentos aos concellos a través da firma dixital.

A administración autonómica garantirá a prestación do sistema de rexistro e información de todos os escritos e comunicacións dirixidos aos concellos a través das oficinas presenciais da Xunta e realizará os investimentos precisos, tanto en infraestruturas como en telecomunicacións, para que iso sexa posible.

O convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp, que foi elaborado no marco do Plan eGoberno 2013 e levado aos municipios a través da iniciativa do goberno autonómico denominada Plan eConcellos , ten unha vixencia ata finais do ano 2013

Redes sociais

Esta non é a primeira vez que o Goberno municipal vai por diante na implantación de novos servizos aproveitando as tecnoloxías da información e das comunicacións. De feito nestes últimos anos, o O Concello de Cervo xa lidera, entre as entidades locais da Mariña, outros espazos de internet como é o caso das redes locais facebook, twitter, myspace, linkedin ou o portal multimedia youtube ou flickr nos envorca todo tipo de información sobre as actividades municipais.

Exit mobile version