Nota de prensa
O CONCELLO OUTORGA MÁIS DE 4.200 EUROS EN AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA OS ALUMNOS DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
* Na presente convocatoria recibíronse un total de 44 solicitudes, das cales 31 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas e 8 máis están pendentes de que os seus solicitantes aporten máis documentación
Na presente convocatoria recibíronse no Concello un total de 44 solicitudes, das cales 31 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas segundo a comisión avaliadora responsable de outorgar estas axudas. Ademais, outras oito solicitudes están aínda pendentes de seren concedidas á espera de que as familias solicitantes aporten máis documentación. A contía total destas subvencións ascende a máis de 4.200 euros e as cantidades asignadas a cada un dos beneficiarios oscila entre os 100 euros e os 130, dependendo do nivel de renda de cada un deles.
O alcalde salientou no acto de entrega a importancia deste tipo de subvencións para o grupo de Goberno local “porque consideramos prioritario axudar económicamente ás familias nestes tempos de dificultades”. Villares recalcou que a Educación é un piar fundamental para a sociedade “e por iso, cada ano intentamos redobrar os esforzos encamiñados á súa mellora” indicou.
Coincidindo co inicio do curso escolar, a concellería de Educación do Concello de Cervo convoca anualmente a liña de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar destinada aos alumnos do segundo ciclo de Educación Infantil do concello.
Nesta convocatoria -aberta o pasado mes de xullo- podían optar ás axudas aquelas unidades familiares empadroadas no municipio que tiveran fillos de tres a cinco anos (segundo ciclo de Educación Infantil) cursando estudios nalgún dos centros ediucativos do término municipal e que a súa renda familiar non superara o 150% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) per cápita.