Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta aos Reis Magos para o PSOE de Cervo


Carta aos Reis Magos para o PSOE de Cervo

A edil socialista de Cervo, Beatriz Vázquez Monroy, asina unha interesante carta aos Reis Magos na que, ademais de defender esta devanceira tradición cristiá, depauperada por costumes foráneas e comercias, pídelle ás súas Maxestades de Oriente “responsabilidade, coherencia e traballo en equipo” para os políticos e outras persoas con responsabilidade social, económica ou laboral.

Ata aquí calquera podería sumarse á misiva da edil cervense, compartir as súas peticións. Porque son lóxicas e desexables todas elas, salvo aquelas nas que, exentas de autocrítica, incorre no tan manido argumento socialista de botar a culpa da crise “aos malísimos mercados” en vez de asumir o lesivo da desastrosa xestión do PSOE de Zapatero. Esa que tanto mal está a facer a este país, a diferenza do que acontece en Alemaña, por exemplo, onde tamén “os mercados son moi malos”, pero a xestión da súa presidenta non fi tan deficiente.

Con todo, moitos veciños de Cervo sumámonos á súa petición aínda que, como ven dela tamén somos conscientes de que a esta edil teríamos que pedirlle aquelo o outrora o refrán definía como ver a palla no ollo alleo e non a viga no propio.

Desexamos que esta vez si as súas Maxestades traian á edil socialista e aos seus compañeiros de partido un pouquitiño de responsabilidade, para facer aquelo que lle piden as nais e pais do Punto de Atención á primeira Infancia de San Ciprián, e deixar de boicotear a cesión das instalacións da Casa do Mar -baleiras e sen uso- para trasladar alí o centro infantil; pedímoslle tamén que lle traian un pouco de coherencia, para que non só afirmen que traballan polo benestar do seu pobo, senón que o demostren con feitos, e o terceiro Rei que lle agasalle con un pouco de espírito de traballo en equipo, para que se deixen de partidismos e leiras, e colaboren co Concello de Cervo, e obriguen á Tesourería da Seguridade Social, que depende dunha administración socialista, a que cese na súa intención de seguir privando a estes nenos e nenas, que nada saben de política do que por sentido común, responsabilidade e dereito lles corresponde.

O cambio de criterio do PSOE é moi complicado. Non o nego, seguen instalados na confrontación e a división social. Pero os Reis son Magos e aínda que sexa por non perder a ilusión, seguimos crendo no poder da maxia.

Toño Gallego Prieto

Exit mobile version