Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio resposta á carta do alcalde de Foz

Nota de prensa:
O Sr Rivera, segue no seu camiño da mentira e o engano, co obxectivo de poñer cortinas de fume a súa opaca xestión municipal dos últimos tempos , así como confundir a opinión pública e non dar respostas claras e transparentes ás lexítimas preguntas dos grupos da corporación.
Que un grupo político da corporación, facendose “Eco” das miñas declaracións públicas , teña dudas da súa xestión, e solicite documentación , non tería que xenerar ningún problema, nin interpretacións torticeras na súa persoa.
Unha vez maís teño que negar rotundamente ante os veciños as acusacións do Sr Rivera de entendemento político con nigún grupo.
É totalmente falso a súa acusación de posibles acordos con outras formacións políticas por parte de Jaime Cancio e dentro de pouco tempo os cidadáns e Vostede mesmo o poderán constatar.

Vostede que sabe de Futbol, e ante ese suposto mencionado por Vostede de :“ un centra e outro remata”, ten Vostede a mellor defensa para que non lle marquen gol. A TRASPARENCIA .

Pero non se trata de falar da trasparencia, tratase de practicala, así pois, Sr Rivera, deixese de fabricar fume para despistar falando de falsos pactos que so se sostentan na súa mente torticera, e de mostras da súa trasparerecia na xestión municipal

Exit mobile version