Nota de prensa
FÚTBOL SALA FEMININO, CABALGATA DE REIS, CONCERTO DE ANINOVO E TEATRO PARA NENOS SON AS PROPOSTAS DO CONCELLO DE BURELA PARA ESTA ÚLTIMA SEMANA DE NADAL.
Burela, 3 de xaneiro de 2011. Fútbol sala feminino, cabalgata de reis, concerto de aninovo e teatro para nenos son as propostas do Concello de Burela para esta última semana de nadal.
A delegada de Cultura, Neves Cando, explicou que “para rematar este nadal de 2010-2011 catro actividades terán lugar esta semana en Burela. Mañá martes disputarase no pavillón Vista Alegre o xa clásico trofeo Raiñas-Meigas de fútbol sala feminino que este ano chega á súa terceira edición e no que poderemos disfrutar de dous partidos, primeiro ás seis e media o encontro entre as categorías infantís do Burela FS feminino e o equipo de Poio e despois ás oito da tarde o partido entre o equipo senior de Poio e as nosas rapazas do Burela FS. Despois o mércores tócalles o turno aos reis magos, que chegarán a Burela cara ás sete e media da tarde á Casa do Concello e despois partirán hacia o auditorio municipal para recibir alí a partires das oito a todos os nenos e nenas do noso pobo. Esta actividade está organizada pola Sociedade Cultura e Recreativa Ledicia”.
A edil nacionalista seguiu a relatar que “o venres ás oito e media da tarde terá lugar no auditorio o tamén xa clásico concerto de aninovo da banda de música de Burela e xa para rematar o sábado para os máis pequenos e pequenas da casa Teatro do Andamio representará no auditorio da Casa da Cultura ás seis da tarde a obra A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz”.