Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que pospón a tramitación de obras en Alfoz ata que a Deputación convoque a sinatura do convenio

Nota de prensa

A deputada popular interesouse pola situación das estradas da parcelaria ante Samuel Juárez, quen aceptou estudar a súa proposta de buscar unha solución puntual de rebacheo das pistas en caso de que o organismo provincial retrase máis a firma

O CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL CONFÍRMALLE A EMMA ÁLVAREZ QUE INICIARÁ A TRAMITACIÓN DAS OBRAS DE ARRANXO DOS VIAIS DE ALFOZ EN CANTO A DEPUTACIÓN CONVOQUE A SINATURA DO CONVENIO

* A parlamentaria do Grupo Popular rexistrou recentemente unha iniciativa na Cámara instando á axilización do arranxo dos viais da Deputación de Lugo correspondentes á concentración parcelaria Val de Alfoz

Santiago, 8 de xaneiro de 2011.- Ante as queixas manifestadas publicamente polos veciños de Alfoz polo estado dos viais da concentración parcelaria Val de Alfoz, a deputada do Grupo Popular mantivo onte unha conversa co conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, quen lle confirmou que o seu Departamento iniciará a tramitación das obras para o arranxo das ditas estradas en cando a Deputación Provincial de Lugo convoque a sinatura do convenio entre esta e a Consellería aprobado por unanimidade no Pleno do organismo provincial, o pasado 29 de novembro, para a cesión e cambio de titularidade das vías, que pasará así da Deputación á Xunta.

Emma Álvarez lembra que actualmente o convenio está unicamente pendente de que a Deputación de Lugo convoque o acto da súa sinatura, trámite que espera “se produza canto antes, xa que non hai motivo para retrasalo e a Deputación ten que ser consciente da súa urxencia”.

Mentres tanto, a deputada propúxolle ao conselleiro buscar unha solución puntual de rebacheo das pistas en caso de que o organismo provincial retrase máis a firma, proposta que Juárez aceptou estudar, malia que confía en que a Deputación reaccione e o convenio poida asinarse nos próximos días.

INICIATIVA PARLAMENTARIA

A parlamentaria do Grupo Popular rexistrou recentemente unha iniciativa na Cámara instando á  axilización do arranxo dos viais da Deputación de Lugo correspondentes á concentración parcelaria Val de Alfoz. Para tal fin, plantexa nesa proposición non de lei que se aprobe o expediente de cesión e incorporación de titularidade de tramos de vías entre a Deputación Provincial de Lugo e a Consellería de Medio Rural e se acometan as obras que se lle atribúen en relación ao mendionado acordo, co fin de que estean iniciadas no primeiro trimestre do 2011.

O dito expediente aprobouse co criterio de que por parte da Deputación se cederán os terreos correspondentes a tramos de trazado antigo que resulten substituídos na súa funcionalidade por tramos de novo trazado en variante construídos pola Consellería de Medio Rural e que entregará ao ente provincial, así como os terreos situados nas franxas laterais contiguas á vía provincial no resto dos tramos que manteñen o trazado existente

Igualmente, a iniciatiba insta á Xunta a tomar como prioritaria a concentración parcelaria Val de Alfoz, co fin de que os prazos legais sexan o máis curtos posible e solicita que os técnicos da Consellería de Medio Rural resolvan as alegacións feitas por particulares no primeiro trimestre deste ano.

Exit mobile version