Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que os concellos poderán contratas os GRUMIR nuns 15 días dende a solicitude

Nota de prensa:
Balseiro salientou que os plans de cooperación da Xunta dispoñen de case un 20% más de orzamento que en 2010 tras a apertura da convocatoria de axudas no día de hoxe
OS CONCELLOS PODERÁN CONTRATAR OS GRUMIR EN APROXIMADAMENTE 15 DÍAS DESDE QUE REXISTREN A SÚA SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

* MAIOR AXILIDADE: A Xunta adianta a publicación da orde de axudas un mes e medio con respecto o ano anterior, o que permitirá a inmediata cobertura destes postos de traballo unha vez se efectúe a selección do persoal polos distintos concellos entre as persoas desempregados inscritas no INEM.

* A Mariña disporá COMO MÍNIMO de 60 efectivos do GRUMIR e de 32 novos traballadores de servizos de interese xeral en postos diversos.

A Mariña 17 de xaneiro de 2010.- Jose Manuel Balseiro adiantou que coa publicación hoxe da convocatoria dos programas de cooperación cos concellos a nosa comarca disporá de -como mínimo- 60 efectivos do GRUMIR e de 32 novos traballadores de servizos de interese xeral que desenvolverán o seu traballo en postos moi diversos subvencionados ao 100% pola Xunta de Galicia.

GRUPOS MUNICIPAIS DE INTERVENCIÓN RÁPIDA

No caso dos GRUMIR a súa contratación durante un período que pode ser de entre 6 e 9 meses cobran especial importancia na Mariña xa que será o persoal técnico encargado dos servizos de protección civil, protección do ambiente, prevención e extinción de incendios e, en xeral, a aquelas dirixidas a salvagarda das persoas, dos seus bens e do patrimonio público.

Desde o 31 de decembro os GRUMIR so contaban co persoal estable e voluntariado (entre 1 e 3 capataces, que agora sumarán ata 12 persoas máis contratadas segundo a distribución habitual por concellos)

Balseiro explicou que este ano a Xunta axilizou de xeito salientable a publicación da orde polo que a administración autonómica permitirá facer estas contratación cun mes e medio de antelación co respecto ao ano anterior. De feito unha das novidades máis salientables é que o novo Goberno consolida a posibilidade posta en marcha o ano pasado polo Goberno popular, para que os concellos que presentasen as correspondentes solicitudes realicen contratacións anticipadas antes das futuras resolucións de concesión, e previa autorización da Xunta co obxecto de garantirlles a atención urxente das obras e servizos que vaia a realizar

“Si en 2010 a orde saíu publicada o 11 de marzo e as contratación tiveron lugar aproximadamente sobre 16 días despois, este ano a orde publicouse hoxe día 17 e en aproximadamente 15 días poderán facer as contratacións deste persoal, unha vez reciban a autorización da Xunta.” – explicou Balseiro.

Ademais no 2011 os programas de cooperación, tal e como adiantou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, dispoñen de case un 20% máis de orzamento que en 2010 xa que superará os 114 millóns de euros

AXUDA MÍNIMA EN FUNCIÓN DA POBOACIÓN

Outra novidade é que este ano establécese unha axuda mínima seguindo o criterio obxectivo de poboación. A nova orde establece tramos en función do número de habitantes do municipio/contía equivalente, que é o persoal que como mínimo (sen contar os GRUMIR) recibirán en cada concello se as solicitudes son correctas

* Ata 1.000 habitantes: 1 contratación.

* De 1.001 a 2.000 habitantes: 2 contratacións.

* De 2.001 a 5.000 habitantes: 3 contratacións.

* De 5.001 a 20.000 habitantes: 4 contratacións.

* Máis de 20.000 habitantes: 5 contratacións

A axuda pode chegar ata os 500.000 de euros e cubrirá en todo caso os custes salarias totais da persoa contratada, incluída a seguridade social, en función do convenio colectivo municipal que se lle aplique.

Terán preferencia traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. A duración dos contratos: Pode chegar ata os 12 meses, polo tanto superior a establecida en convocatorias anteriores polo bipartito.

A IMPORTANCIA DOS CONCELLOS

A través desta programa a Xunta quere recoñecer a importancia dos municipios e darlles o peso que lles corresponde no reparto do gasto público, tendo sempre presente que son os que máis preto están dos cidadáns. Pola contra Balseiro considera que é un notable erro que os concellos paguen os problemas de solvencia de España, tal e como fixo o Goberno central ao reclamarlle aos municipios unha débeda de 108 millóns de euros por 2008 e como veu de facer por 2009 ao reclamar 322 millóns de euros.

“A pesar das dificultades a Xunta é solidaria coa situación de asfixia económica que están a vivir os concellos debido a dúas razóns: a propia crise económica e as contraditorias políticas do Goberno central.E neste tipo de plan demostran o seu compromiso municipal”- explicou Balseiro

MELLORA DA EMPREGABILIDADE

O plan de cooperación cos concellos é unha política activa de emprego coa que a Xunta que te unha dobre perspectiva por un lado quere servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen nestes e de dinamización e, por outra banda, quere servir para a xeración de novas actividades no medio local e rural.

Exit mobile version