Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros anuncia a adxudicación das instalación da cuberta do centro social de San Xusto

Nota de prensa: a próxima
ALFONSO FUENTE ANUNCIA QUE NO PRAZO DUNS QUINCE DÍAS ESTARÁ ADXUDICADA A INSTALACIÓN DA CUBERTA DO CENTRO SOCIAL DE SAN XUSTO.

Barreiros, 29 de xaneiro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, anuncia que no prazo duns quince días estarán adjudicadas as obras de instalación da cuberta no centro social de San Xusto. O rexedor asegura que a Deputación do bipartito (PSOE e BNG) non puxo un euro para construir este inmoble.

Fuente Parga sinalou que “nos sorprenderon as declaracións do concelleiro socialista, Benito Longarela, porque mostran un descoñecemento total e absoluto do centro que se está a construir en San Xusto. E o que é máis grave, e por iso me chama a atención e imaxino que será porque lle pasaron unha mala información da Deputación, é que está a decir que isto se financiou con fondos desa institución e iso é mentira, non ocurriu para nada iso coa Deputación do PSOE e do BNG”. O alcalde explicou que “o que se leva invertido alí son cartos de comunidades veciñais que deixou o señor Francisco Cacharro Pardo, cando era presidente da Deputación. É máis, a Deputación do PP lle deixou 12.000 euros un ano e 12.000 ao ano seguinte, os primeiros 12.000 os cobraron íntegramente e os segundos 12.000, como xa estaba gobernando o bipartito, os recortaron, non lles abonaron a totalidade e só lles pagaron unha parte”.

O rexedor barreirense dixo que “en colaboración entre a asociación e o Concello puidemos ir a duras penas levantando ese edificio con traballo e esforzo da asociación, dos veciños e do presidente actual e tamén da anterior presidenta… así se puido ir facendo esa parte do edificio. Logo nos quedaba a cuberta, que é o que nos queda de facer, e o señor Besteiro un día que veu a Barreiros a falar con ese señor ofrecéulle cubrir ese edificio, pero desde ese momento non voltou a ter máis noticias da Deputación Provincial”.

Alfonso Fuente subliñou que “nós seguimos traballando desde o Concello e hai un mes, en decembro, se levou un acordo a pleno no que estaba Benito Longarela e aprobóuse unha cantidade que vai a ceder Novento, que é a concesionaria do parque eólico de Barreiros, que supón 90.000 euros e se aprobaba investilos nese centro para cubrirlo. A Deputación, gobernada polo bipartito, non puxo un só euro nin o vai poñer, e agora queren colocarse unhas medallas que non merecen, nin fixeron nada para sacar adiante ese centro. Ese centro se está a facer co esforzo dos veciños e coa colaboración do Concello de Barreiros e agora neste caso cunha cantidade que se conseguiu a través de Norvento. En decembro xa nos ingresou nas contas do Concello eses cartos, que imos destinar á instalación desa cuberta. É posible que no prazo de 15 días as obras xa estean adjudicadas e traballando nelas”.

O alcalde insistiu en que “a Deputación do bipartito non puxo nin un só euro nin antes nin agora para a cuberta, por iso lle pido a Benito Longarela que se informe antes de facer estas declaracións, porque a asociación e os propios veciños de San Xusto están enfadados porque conocen a realidade de cómo se financia este centro social”.

Exit mobile version