Nota de prensa:
Balseiro salienta o apoio do Goberno Feijoo aos esforzos que están a levar a cabo as comunidades de propietarios destas vivendas, para mellorar o contorno no que viven, adecuar e adaptar os edificios ás necesidades de funcionalidade que o transcurso do tempo provocou
A XUNTA CONCEDE PRETO DE 85.000€ EN AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS DA MARIÑA PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL
* A relación de beneficiarios inclúe comunidades de propietarios en Covas (Viveiro), rúa do Rio en Burela e no concello de Alfoz, que previamente solicitaron acollerse a estas axudas.
A Mariña 18 de xaneiro de 2010.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro explicou que a Xunta concedeu preto de 85.000 euros en axudas a varias comunidades de propietarios da Mariña lucense para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios e vivendas de protección oficial.
O parlamentario popular quixo salientar o significativo apoio do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo cos esforzos que están a levar a cabo estas comunidades de propietarios, para mellorar o contorno no que viven e para adecuar e adaptar os edificios ás necesidades de accesibilidade que o transcurso do tempo e o cambio das disintas normativas de servizo provocou.
COVAS, BURELA E ALFOZ
A relación de beneficiarios inclúe comunidades de propietarios de edificios promovidos no seu día polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na nosa comarca como son os de Covas (Viveiro), rúa do Rio en Burela e no concello de Alfoz, que previamente solicitaron acollerse a estas axudas. Na maioría dos casos as achegas da Xunta pretenden colaborar cos gastos de substitución do ascensor, modificación dos contadores de auga, saneamento e pintado de escaleiras.
p { margin-bottom: 0.21cm; }
RELACIÓN DE BENEFICIARIOS
O Pedregal Edificio nº12 Covas Viveiro |
Substitución ascensor
| 11.688,65 € |
Substitución contadores de auga
|
533,10 €. | |
O Pedregal Edificio nº 4 Covas Viveiro
|
Substitución ascensor |
11.507,64 € |
Contadores de auga e pintado de escaleiras
|
2.190,86 € | |
O Pedregal Edificio nº6 Covas Viveiro
|
Substitución do ascensor |
11.682,42 € |
O Rio Edificio nº8 Burela
|
Substituír ascensor |
21.851,50 € |
Pardo de Cela Bloque A-D Alfoz
|
Instalación ascensor |
24.660.09
|
TOTAL
|
84.114,26 € |