Nota de prensa:
O GMPP afirma que o responsable dos problemas na selección de persoal de funcionario interino é o alcalde.
“As octavillas aparecen pola súa incapacidade para atallar os problemas”.
Os populares afirman que hai escritos no concello sobre presuntas irreguralidades.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe que o alcalde é o único responsable os problemas e anomalías que houbo no proceso de selección de persoal para cubrir unha praza de funcionário interino, que se deben exclusivamente ó pasotismo e á actitude do alcalde.
O alcalde, ademáis, está mentindo porque alomenos hai dous escritos no rexistro de entrada do concello que gardan relación con presuntas anomalías no procedemento: desde a non publicación no taboleiro de anuncios do baremo dos méritos da fase de concurso, hasta a realización de unha proba que non figura nas bases alegando que houbera que anular preguntas do primeiro exame (proba que contou coa negativa de varios aspirantes), pasando por unha convocatória de un día para outro sen contar co prazo mínimo esixido de vintecatro horas.
O GMPP formulou a correspondente pregunta no pleno, porque xa chove sobre mollado no que se refire á política laboral do alcalde: houbo anomalías nos procecementos de selección de persoal laboral fixo, nos procedementos de selección do persoal do GRUMIR, nos procedementos de selección, este último verán, dos socorristas, etc. etc., todo debido á incapacidade do alcalde para facerlle fronte ós problemas e buscar solucións.
O que non contábamos é que o alcalde se desquiciase como se desquiciu, elevando a voz e braceando como un poseso, para non explicar nada: nós queríamos saber se houbera irregularidades e que medidas se tiñan pensado adoptar; pero el saleuse pólos cerros de Úbeda, mui nervioso, referíndose ás octavillas aparecidas por Burela.
Pero o que el esquece é que esas octavillas non apareceron antes do proceso de selección, senon durante o mesmo, e logo de proiducírense as que algúns aspirantes consideran anomalías. Por eso a responsabilidade de que se poñan en entredito a persoas aspirantes ó posto de traballo e ó mesmo tribunal é solo responsabilidade súa, porque desas incidencias el estaba, ou debería estar, totalmente ó corrente pero non fixo nada para subsanalas.
O GMPP desexa manifestar o respecto hacia todos os aspirantes a ocupar o posto de traballo que se pretende cubrir, así como o seu repecto ós membros do tribunal, cousa que o PSOE (hai que lembrar unha rolda de prensa celebrada hai catro anos na sede do PSOE pola agora concelleira de emprego, Sonia Fraga, para darse conta hasta onde podem chegar os socialistas) non facía no seu momento. O PSOE é precisamente quen non ten ningbunha autoridade moral para facer descalificacións, como fai o alcalde na súa nota de prensa. Reiteramos que a política laboral do alcalde é un desastre, plagada de irregularidades durante este catro anos, algo coñecido por todos os veciños e veciñas de Burela.
Finalmente, resulta sorprende que o alcalde na súa nota de prensa fixe como asunto fundamental descubrir o autor ou autores das dichosas octavillas. Ese non é o debate, o debate e o problema é o feito de se houbo anomalias, e se as houbo como se van resolver. Pero se quere invesigar, como lle gusta decir a el, a orixe das octavillas, ímoslle dar unha pista: que mire para persoa ou persoas que poideran ser afins á súa propia ideoloxía política.