Nota de prensa
NEVES CANDO ASEGURA QUE O BIPARTITO BURELÉS INVESTIU NOS TRES ÚLTIMOS ANOS MÁIS DE 180.000 EUROS EN EQUIPAMENTOS NO AUDITORIO MUNICIPAL, “MOITO MÁIS DO DESTINADO A ESTE FIN POLO PP NOS 15 ANOS QUE ESTIVO Á FRONTE DO CONCELLO”.
Burela, 20 de xaneiro de 2010. A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Neves Cando, asegura que o bipartido burelés investiu nos tres últimos anos máis de 180.000 euros en equipamentos no auditorio municipal. A edil nacionalista sinala que é moito máis do destinado a este fin polo PP nos quince anos que estivo á fronte do Concello de Burela.
Neves Cando referíuse hoxe ás informacións verquidas estes días polo PP de Burela sobre a suposta de perda de subvencións no ámbito cultural, “o PP de Burela e en concreto o seu portavoz, o señor González Barcia, non se enteran de nada con respecto a este tema porque sinxelamente non están por aquí nin se lles espera. O señor González Barcia déixase caer por Burela un par de días e como alma en pena rondando polo Concello e á busca da noticia lee cousas aquí e alá, pero non se entera de nada. Con respecto á subvención da que fala sobre equipamentos culturais a súa ingnorancia no tema é moita, porque como alguén lle recordou no concerto de aninovo da Banda de Burela, que se celebrou o 7 deste mes, había catro anos que non acudía a este evento o señor González Barcia, ao igual que o seu equipo que tampouco frecuenta as actividades culturais de Burela e descoñecen os equipamentos que temos”.
A concelleira de Cultura dixo que “como non o sabe ou non lle interesa sabelo voulle contar que durante os anos 2007, 2008 e 2009 dotamos ao auditorio municipal do equipamento necesario e requerido pola rede de teatros e auditorios da Xunta para poder optar á súa oferta cultural. Fíxose un investimento importante, máis de 60.000 euros na cabina e equipamentos de son, en iluminación e na pantalla xigante Canon para proxeccións e tamén en cuestións de accesibilidade e seguridade como a renovación total da escaleira de emerxencia e das portas de seguridade e a adecuación dos accesos á biblioteca, á Casa da Cultura e á sala de arte para persoas con mobilidade reducida. Éstas últimas obras supuxeron unha inversión por importe de máis de 120.000 euros, por certo investimentos en accesibilidade e seguridade que non foran capaces de facer ou non quixo facer nunca o PP en 15 anos de goberno”. Cando subliñou que “fixemos un investimento en tres anos que superou os 180.000 euros, moitísimo máis que os 15 anos xuntos de goberno do PP en Burela. E todo isto deixou o noso auditorio e a Casa da Cultura en xeral en condicións óptimas para o desenvolvemento das actividades culturais programadas e cofinanciadas pola Xunta e coas dotacións mínimas e incluso máis que esixe a propia Xunta para este tipo de espazos culturais”.
A edil nacionalista pídelle ao portavoz do PP que “deixe de buscar a noticia fácil porque non a hai e que participe máis da vida social do pobo e non como fai agora desesperadamente o seu portavoz o señor González Barcia, que durante catro anos estivo escapado de Burela, ben asentado no seu ben remunerado sillón da Deputación e que agora anda ás presas e falando polas esquinas ás agochadas para ver si pilla algunha noticia, pero o pobo de Burela xa sabe o que hai e quen son e xa non traga coas súas mentiras”.