Nota de prensa
Brilantes resultados os conseguidos polo combinado infantil da Selección de A Mariña de Fútbol Sala na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputou na localidade de Viveiro, logrando o subcampeonato na súa categoría.
Comezou a mañá ben para os mariñáns xa que o conxunto dirixido por Christian Gómez Fustes, conseguía derrotar á selección de Vigo por 8 goles a 2, nunha semifinal donde os mariñáns amosaron todo o seu poderío e superioridade dende o asubío inicial, Os goles foron obra de Javier Fraga Pérez con dous goles e Jorge Pernas Vázquez con tres goles, ámbolos dous pertencentes ao CFS Cidade de Viveiro, Cristian García Méndez e Renato Lopes Furtado con cadanseu gol, pertencentes ao CD Burela Fs e pecharía a conta anotadora Álex Paz Alonso da A Mariña FS.
Ás 16:30h, no Pavillón Municipal de Viveiro, daba comezo a final do campionato contra a Selección de Coruña. Nesta ocasión, os rapaces do combinado mariñán non puideron rematar a faena a pesar de adíantarse por dúas veces no marcador e acabaron perdendo por 4-7 contra un rival que se aproveitou ao máximo as ocasións das que dispuxo. Os goles mariñáns foron obra de Cristian García Méndez do CD Burela FS por partida dobre e de Javier Fraga Pérez e Jorge Pernas Vázquez CFS Cidade de Viveiro con cadanseu gol.