Site icon Crónica3.com A Mariña

A responsable de Cultura do concello de Burela anuncia a posta en marcha dun “museo virtual”

Nota de prensa

BURELA CONTARÁ  NO PRAZO DUNS DOUS MESES CUN MUSEO VIRTUAL SOBRE A VILA, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE A CONCELLEIRA DE CULTURA, NEVES CANDO.

Burela, 13 de xaneiro de 2011. Burela contará no prazo duns dous meses cun museo virtual sobre a vila. Será mentras non estea dispoñible o espazo físico para albergar ditas instalacións no edificio que agora ocupa a Capitanía Marítima. O museo que atoparemos na rede contará con seis salas nas que nos achegarán á pesca, á industria ou á historia, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Neves Cando.

A edil nacionalista sinalou que “dende hai tempo ven funcionando dentro desta Delegación de Cultura unha comisión encargada de sentar as bases do futuro museo e arquivo municipais, unha realidade física que será posible cando dispoñamos dos locais que agora ocupa a Capitanía Marítima, despois de que se traslade á nova sede. Ata daquela xa fomos adiantando o camiño e xa temos aprobado o regulamento do sistema municipal de arquivos do Concello de Burela, así como valorada toda a documentación que nun futuro formará parte deste arquivo histórico municipal”.

Neves Cando subliñou que “agora damos un novo paso poñendo en marcha un museo virtual de Burela, mentras non estean listas que acollerán o futuro museo. Desde a rede accederemos a un espazo virtual que acollerá o noso pasado, presente e futuro como si de un museo real se tratase con diversas salas de visita. Na sala de pesca poderemos achegarnos á pesca artesanal do bonito, faremos unha visita ao barco museo Reina del Carmen e tamén poderemos achegarnos á feira do bonito; haberá unha sala de arte na que disfrutaremos das pinturas da igrexa de Vila do Medio e da arte floral que durante as festas patronais supoñen as nosas alfombras e tamén faremos unha parada na arqueoloxía coa historia dos restos atopados en Burela da época castrexa e co significado torques que leva o nome da nosa vila”. E segueu a relatar que “na sala da natureza faremos un percorrido pola zona xeolóxica do Perdouro, polo río da vila, polo Monte Castelo e polo paseo marítimo; hai tamén unha sala adicada á industria pasada e presente do pobo, desde as primeiras fábricas de gres e conserveiras ata o lavadoiro de caolín, os aserradoiros, varadoiros e a lonxa e a empresa de armadores actual e unha sala de historia en imaxes onde se recollan temáticamente a nosa historia a través de fotos antigas e presentes. E todo isto con textos explicativos, fotos, vídeos, enlaces de interese e incluso podcass para xa facer unha visita real a todos estes lugares a través das novas tecnoloxías”.

A concelleira de Cultura engadiu que “ésta é a primeira idea coa que xa se está a traballar e que agardamos estea lista para presentar a todo o mundo no prazo duns dous meses. De todas maneiras non é unha iniciativa pechada e iránse incorporando máis salas e máis datos sobre o noso pobo, de momento esta primeira aproximación coas seis salas nomeadas é unha realidade sobre a que se está a traballar”. Cando agradeceu “ás persoas que forman parte desta comisión municipal polo seu traballo e adicación a esta iniciativa. Son as historiadoras burelesas Herminia Pernas e Emilia García e tamén a todas as persoas que están e estarán a colaborar neste futuro museo virtual de Burela, que xa está empezando a ser unha realidade”.

Exit mobile version