Nota de prensa:
A PISCINA MUNICIPAL DE LIEIRO ACOLLEU ESTA TARDE O FESTIVAL ACUÁTICO INFANTIL DE NADAL
* A programación deseñada polo Concello co gallo do Nadal rematará o vindeiro día 5 coas cabalgatas de Reis en Cervo e San Ciprián
Cervo, 3 de xaneiro de 2011.- A última semana de actividades programada polo Concello de Cervo nestas datas de verán deu comezo hoxe cun dos seus pratos fortes: O Festival Acuático Infantil organizado dende as 5 da tarde na piscina municipal de Lieiro e na que todos os nenos e nenas do municipio e de fora del tiveron a oportunidade de gozar con distintos inchables e xogos acuáticos e supervisados en todo momento por monitores profesionais.
Co obxecto de facilitar a asistencia a esta oferta de lecer, o Concello de Cervo puxo a disposición dos nenos e nenas das areas do rural do municipio un servizo de autobuses que os foi recollendo segundo a ruta habitual do bus escola e unha vez rematada a actividade (ás 19.00 horas) foron levados de volta aos seus domicilios.
A xornada de hoxe completouse coa actividade “Mañás de Nada” que tivo lugar no pavillón de Cervo. Esta actividade vense desenvolvendo alternativamente no pavillón cervense e no pavillón da veiga de San Ciprián dende o 23 de decembro e consiste na celebración de xogos, competicións e actividades de animación para os rapaces.
Cabalgata
Mañá, día 4 de xaneiro, celebraranse as “Mañás de Nadal” no pavillón municipal da Veiga (11.00h a 13.00h.) e o peche deste programa de actividades que se veu desenvolvendo nestes últimos 30 días pecharase o día 5 coa celebración das “Mañás de Nadal” no pavillón de Cervo (11.00h a 13.00h.) e xa pola tarde terán lugar as Cabalgatas de Reis de San Ciprián (18.00h.) e Cervo (19.30).
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aproveitou para presenciar hoxe como se divertian os nenos na piscina municipal cos xogos e inchables. Alí aproveitou para agradecer a súa resposta en todas estas actividades organizadas dende o pasado 4 de decembro “nas que participaron con todo mimo e cariño as distintas concellerías municipais” e convidounos a asistir ás que aínda restan por celebrarse, “sobre todo á cabalgata de Reis, unha celebración tan ilusionante tanto para os pequenos como para os maiores”.