Nota de prensa:
O CONCELLO DE FOZ SUSPENDE O PLENO ORDINARIO POLA FOLGA XERAL
Foz, a 25 de Xaneiro de 2011.- A petición do BNG de Foz, a Corporación Municipal suspendeu o Pleno Ordinario que se ía celebrar este xoves, 27 de xaneiro, debido á coincidencia coa Folga Xeral convocada en defensa do emprego e en contra da reforma das pensións que o Goberno do Estado pretende levar a cabo.
Para o BNG todas as medidas que o Goberno socialista baralla para modificar o sistema público de pensións só benefician as entidades financeiras ao asentar dúbidas infundadas sobre a viabilidade do sistema público de pensións e o fomento dos fundos de pensións privadas.
Para o BNG é fundamental que os veciños e veciñas de Foz e da Mariña dean unha resposta contundente ao intento de dificultar o acceso ás pensións e reducir a contía das pensións futuras. Por iso, animamos aos traballadores e traballadoras a secundar a folga así como acudir xunto a parados/as, xubilados/as, autónomos/as e pequenos e medianos empresarios/as á manifestación convocada pola central sindical CIG ás 12:00 horas en Burela pola defensa das pensións.