Nota de prensa:
HOXE FORON ENTREGADOS OS VALES DE COMPRA DA CAMPAÑA DE NADAL.
Burela, 25 de xaneiro 2011. No Salón de Plenos do Concello de Burela tivo lugar hoxe á unha e media da tarde a entrega dos 3.000 euros en premios da campaña de nadal que organizou a Delegación de Comercio, Industria e Turismo. As tres persoas afortunadas, recolleron os 1.000 euros, cada un, en vales de compra. Segundo explica, José González Legazpi, “agora eses vales deben ser consumidos no propio comercio local durante o mes de febreiro, agás o premio ao escaparate de 500 euros, que se outorga como estímulo ao decoro do mesmo. Hai que lembrar que o límite de compra por comercio está nos 500 euros e que os premiados teñen que entregar no Concello antes do vindeiro 15 de marzo a xustificación de teren efectuado as compras no comercio da vila”.
Na campaña de nadal do Concello de Burela tamén se entregaron 1.000 euros en vales de compra á gañadora do marathón fotográfico. O edil de Comercio amósase satisfeito pola acollida que tivo a campaña e suliñou que “cada ano se potencia máis desde o Concello para valorizar o comercio e favorecer aos sectores socioeconómicos locais”.
Ademáis o vindeiro luns, 31 de xaneiro, péchase a exposición coas fotos do marathón que se atopa instalada na Casa da Cultura.