Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Comercio de Burela sorteou os vales da campaña de Nadal e fallou o concurso fotográfico

Nota de prensa

DARIA DAKTEEVA FOI A GAÑADORA DO MARATÓN FOTOGRÁFICO ORGANIZADO POLA DELEGACIÓN DE COMERCIO DURANTE A CAMPAÑA DE NADAL. NAS ÚLTIMAS HORAS TAMÉN TIVO LUGAR O SORTEO DOS TRES VALES DE COMPRA QUE SE PUXERON EN XOGO.

Burela, 15 de xaneiro de 2011. Nas últimas horas celebróuse no salón de plenos do Concello de Burela o sorteo dos vales da campaña da Nadal, e deuse a coñecer o fallo do xurado sobre o Maratón Fotográfico, que organizou a Delegación de Comercio, Industria e Turismo.

Os afortunados foron: Fátima Vizoso Alvarez, por unha compra realizada en Bodega O Lagar; Dolores Seijas Eijo, por unha compra feita en Zaloira e Adolfo González Ben, que mercou en Tomás Óptico. Cada un recibirá un vale de 1.000 euros para consumir no comercio de Burela antes do vindeiro 28 de febreiro. Non poderán realizar compras superiores a 500 euros nun mesmo establecemento comercial.

Por outra banda, Daria Dakteeva é a autora da imaxe gañadora do Marathón Fotográfico desenvolvido durante o Nadal e que tiña como obxectivo captar as imaxes dos escaparates engalanados para a ocasión. Daria Dakteeva que lle deu o titulo de A luz do Nadal á súa foto premiada, recibirá tamén outro vale de 1.000 euros para consumir en Burela. O mellor escaparate recollido na foto foi o de Xoierías David Oroza. Os seus propietarios obteñen un premio en metálico de 500 euros.

O edil José González Legazpi dixo que “a pasada campaña de nadal foi un auténtico éxito, polo que estamos moi satisfeitos. Un importante esforzo o que se ven realizando dende o Concello cara ao desenvolvemento e potenciación do comercio, con importante repercusión tamén nos demáis sectores económicos locais”.

Exit mobile version