Nota de prensa
FEBREIRO- ABRIL 2011
FEBREIRO:
Venres 4: La tirita de teatro. Bajo mi cama una estrella. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 11.30 y 18.00
Autor: LA TIRITA DE TEATRO
Dirección: ALBERTO ALFARO
Elenco: PACO ÚBEDA O GERMÁN SCASCO (EN ALTERNANCIA)
Clasificación :Teatro infantil / Monicreques
Idade (só público infantil): De 3 a 7 años
Duración: 45 min
Sipnose:
Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente… home! como todo o mundo ten un pouco do susto do amor, éntralle a temblera cada vez que a ve a ela. Pero é moi moi valente… sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando se vai a luz alí están a penumbra, que lle impide ver as cousas, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruidos…Da noite a Miguel só gústalle a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra. Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que nos seguen dando por moi maiores que sexamos. Porque… quen non se asusta do monstro de debaixo da cama? E o do ….? Jo! Que me segue dando susto.
Sábado 12: Ancora Produccións. Pisados -Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h
Autor: Gustavo Pernas.
Dirección : Anxela G. Abalo
Elenco: Gustavo Pernas.
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Sipnose:
Botamán de Melide sopra follas no outono e aprendeu linguas polos pés, ao paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descubriu, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. É quen de falar cos zapatos e vén revelar ao público o que calan as bocas e gardan os pés. Pero hai forzas vivas que queren impedilo…
*Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!, hilarantes como a risa dos monos.
Duración : 75 min
Sábado 19: Eme2 ., Sexo ¿e por qué non? RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h
Autor: Franca Rame, Dario e Jacopo Fo
Dirección: Álvaro Lavín
Adaptación: Sandra Romaris, Emilio Cao, Xocas López e Julio Salvatierra
Elenco: Mercedes Castro
Duración: 1 h
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Sipnose:Por que case nunca falamos de sexo? Por que, se o facemos, sempre o tomamos desde os complexos e o estereotipo? Xa que o sexo é unha parte central das nosas vidas, por que nos é tan difícil compartir as experiencias que o rodean?
Fuxindo do bombardeo pornográfico, do tópico e do chiste fácil, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás entorno ao encontro carnal.
Unha comedia reflexiva, para mozos e maiores, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.
Sábado 26: Teatro Galileo. Sempre quixen bailar un tango. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h
Autora: Teresa González
Dirección: Pedro Rubín
Elenco: Fernando Morán, Isabel Blanco, Ana Santos e José Lopez “Tanas”
Clasificación: Teatro adultos / Drama
Duración: 1h 20 min
Premio “Álvaro Cunqueiro”
Traxicomedia que reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia. Dos bailes que non botamos, das palabras que non dicimos e das oportunidades de ser felices que perdemos porque cando as temos diante non sabemos ver a súa importancia e cando volven a nós xa é tarde.
Unha viaxe emocional sobre as cousas valiosas da vida.
Un texto intelixente e uns actores excepcionais que nos farán rir, chorar, emocionarnos…
MARZO:
Venres 18: Sarabela Teatro . Konrad ou o neno que saiu dunha lata de conservas. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18.00 h.
Autor: Christine Nöstlinger
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Elenco: Elena Seijo….. Betti Bartolotti
Fernando Dacosta… Kornad
Tito R. Asorey….. Sr Égon
Nate Borrajo……. Kitty
Sabela Gago…… Directora, Repartidora, Nai Kitty
Clasificación: Teatro infantil / Comedia
Público: 6 a 12 anos
Duración: 50 min
Sipnose: A señora Bartolotti, que carece de experiencia cos nenos, recibe un día pola vía máis inusitada -por correo- un fillo de sete anos: Konrad, o neno que saíu dunha lata de conservas. Con moita inspiración e humor, cóntanse nesta obra as emocionantes e divertidas situacións, nas que se ve envolta a señora Bartolotti pola presenza de Konrad, e cómo o defende, cando se descobre que houbo unha equivocación na entrega a domicilio do neno.
Sábado 26: Talía Teatro. Volpone. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h
Autor: Ben Jonson
Dirección: Roberto Salgueiro
Elenco: Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Ríos, Diego Rey, Gustavo G. Dieste, David Creus e Rubén Prieto
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Duración: 80 minutos
Sipnose: Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.
O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.
Volpone é un texto orixinal de Ben Jonson, escrito no ano 1606, un dos textos clásicos máis representados na época que agora presenta Talía Teatro versionado e dirixido por Roberto Salgueiro e que será representado por un elenco de 9 actores nunha proposta escenográfica e de vestiario moi fiel á orixinal.
ABRIL:
Venres 1: Artestudio. Conto de ar. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 11.30 h e 18.00 h.
Autor: Ramiro Neira
Dirección: Ramiro Neira
Elenco: Ramiro Neira
Duración: 60 min
Clasificación: Teatro infantil / Comedia
Público: A partir de 5 anos
Sipnose: Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlin tamén chamado “TÍ”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hai algúns grandes e outros pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos ‘revolotean’ por ese marabilloso Mundo das Ideas, concretamente no País dos Contos. ¿Ónde queda?.
Pechade os ollos e pensade…… Estades abrindo os ollos da mente e con eles poderedes contemplar o fabuloso Mundo das Ideas onde se atopa o País dos Contos, creado polo pensamento de tódalas personas.
“Tí” caza contos e pónos en gaiolas, que él mesmo fai coas palabras e así entrégaos aos nenos.Agora só depende de vós que abrades a gaiola, para que moitos, moitos contos podan saír voando……..voando…………
Sábado 30: Chévere . Citizen. (1º parte). RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h
Autor: Chévere
Dirección: Xron
Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés
Duración: 80 minutos
Clasificación: Teatro adultos / Contemporáneo
Sipnose: Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia dun empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia dun suposto empresario galego do textil que se convirte nunha das persoas máis ricas e poderosas no último terzo do século XX.
Citizen Primeira Parte sitúanos nese momento iniciático que ten toda gran aventura. Cando é difícil separar a realidade dos soños. A verdade da invención. O teatro da vida. Franco acaba de morrer. Todo ten que mudar. Ela está exactamente onde ten que estar. El non ten posición. Ela é dun lugar do que ten que fuxir. El non sabe nin de onde vén, pero sabe exactamente a onde quere chegar.