Nota de prensa
SILVIA RUBAL, NOVA XOGADORA DO PRIMEIRO EQUIPO
Silvia amosouse moi ilusionada coa oportunidade brindada pola entidade burelista. “Considérome unha afortunada por poder fomarme cun equipo de elite sendo tan nova”, confesou Silvia, que ademais incidiu na súa evolución deportiva: “Dende comezos da tempada aprendín moitísimo e co paso do tempo espero poder contar con algún minuto, cando estea preparada”.
Marcelino Luna definiu a incorporación da novísima deportista como unha mostra da firme aposta burelista pola base. “O club traballa dende hai tempo sobre o arraigamento da canteira no fútbol sala feminino, co obxectivo de facer posible un futuro na Mariña para este deporte; a chegada desta promesa supón un orgullo para a nosa entidade”.