Site icon Crónica3.com A Mariña

A cabalgata de Reis poñerá final á programación infantil de Lourenzá

Nota de prensa:

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Lourenzá, queremos informar da CABALGATA DE REIS, actividade que nos servirá como “broche final” para pechar a PROGRAMACIÓN INFANTIL DE NADAL 2010/11.

A mencionada programación, dera comezo o pasado xoves, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel ás instalacións do P.A.I. “Meniños”; así como ás dependencias do Concello, seguida do espectáculo de maxia “Nada na manga. Gusi: o mago sen sombreiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Ao longo dos días 27, 28 29 e 30 de decembro, os nenos/as puideron desfrutar das mañás vacacionais asistiendo a Obradoiros de temática navideña nas dependencias da Casa da Xuventude.

Na tarde de onte, luns, 3 de xaneiro, un total de 40 rapaces e rapazas do Concello, desprazáronse na compaña de monitoras, ata Lugo, onde aproveitaron unha xornada de diversión en “XUVENLUGO: Salón de Ocio”.

Finalmente, e como lle comentaba no encabezamento, na xornada de mañá, mércores 5 de xaneiro, todo este conxunto de actividades terá o seu remate coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá as principais rúas do Concello. A saída está prevista ás 18:00 horas, dende o Albergue de Peregrinos laurentino, situado na Praza da Gracia. Unha vez feito o percorrido da comitiva, as súas maxestades dirixirán unhas palabras (dende o balcón das Oficinas Municipais) aos presentes na Praza do Conde Santo; e, posteriormente, situaranse nos seus tronos, na escalinata de acceso ao Concello, onde farán entrega dun agasallo e lambetadas aos nenos que se acerquen a facerlles as últimas peticións.

Ao remate, contaremos co espectáculo de teatro de monicreques “Nadal no bosque” a cargo da Compañía TEATRO DO MIOLO, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

Finalmente, dende a Concellería de Xuventude e o propio Concello, desexamos agradecer, expresamente, a colaboración das seguintes entidades (a través da doazón de agasallos e caramelos): SOGAMA, e.on, Nova Caixa Galicia, Caixa Rural Galega e Banesto.

Exit mobile version