NOTA DE PRENSA:
En Atalaia ante as prohibicións a todos os niveis que están a alagar a
vida social e política deste país DICIMOS:
Corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a
liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan
reais e efectivas; remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa
plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida
política, económica, cultural e social.
A espiral de prohibicións en todo tipo de ámbitos: económicos, médicos,
culturais, escolares.. está a prohibirnos SER LIBRES.
Atalaia SOLICITA ao concello de Ribadeo presente unha moción en defensa da
liberdade e en contra das prohibicións, da supresión de dereitos, instando
a calquera tipo de Goberno, (Municipal, Autonómico e Central) comezando polo
de Ribadeo a defender a Liberdade e en contra do Intervencionismo