Nota de prensa:
OBRA DE ADECUACIÓN DO MERCADO SEMANAL TRADICIONAL DE XOVE
As obras deste proxecto, cuxo título completo é “ADECUACIÓN MELLORA E AMPLIACIÓN DO ENTORNO DO MERCADO SEMANAL TRADICIONAL DE XOVE” ,comezáronse hai algo máis dunha semana; as mesmas entran dentro do PLAN RECOMERCIA da Consellería de Industria, da cal reciben unha importante subvención.
Conta a obra, que vai modificar o entorno que limita o Centro Cívico e o Parque de Xove, cun investimento de 58.795´10 €uros, dos cales a Consellería de Industria aporta 44.096´33 € a través do citado Plan, correspondéndolle ao noso Concello os 14.698´77 €uros restantes.
As obras consisten en :
-Demolición das beirarrúas existentes, bastante deterioradas e cun ancho insuficiente, con ampliación das mesmas a 2 metros por cada marxe e así dar cumprimento ás diferentes Normativas referidas a barreiras arquitectónicas, así como habilitación de zonas de aparcamento.
-Adecuación do abastecemento de auga potable nunha das zonas.
-Canalización e bases para unha futura iluminación do ámbito desta praza a habilitación da se pretende para o mercado semanal tradicional.
-Sinalización horizontal e vertical do ámbito e Praza na que se sitúa o mercado semanal.
Esta obra, que mellora o espazo de ubicación do Mercado Semanal Tradicional de Xove, tamén facilita unha reoordenación deste espazo, xa que se pode considerar como unha primeira intervención para peatonalizar esta área de unión entre a Praza do Centro Cívico e o Parque.