Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove entrega os diplomas dos cursos de informática

Nota de prensa:
ENTREGA DE DIPLOMAS DE CURSOS DE INFORMÁTICA

Hoxe venres 3 de decembro, ás 12:30 horas, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro fixo entrega dos Diplomas dos últimos dous cursos de informática realizados na Aula de Informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Estes cursos comezaron o pasado 18 de outubro e remataron onte 2 de decembro.
Os cursos, organizados pola Oficina de Información Xuvenil da Concellería de Servizos Sociais e cun carácter totalmente gratuito, foron os seguintes:

CURSO INFORMÁTICA MULTIMEDIA
Inscritos: 8
Horario: Luns e mércores en horario de mañá, durante hora e media.
Duración: 20 horas
Temario:
• Windows Movie Maker.- Programa para elaborar vídeos.
• Photostory 3.- Programa para elaborar vídeos con imaxes, con varias diferencias co anterior.
• Hofmann.- Creación de álbumes de fotos.

CURSO INICIACIÓN INFORMÁTICA
Inscritos: 28
Horario: 1 grupo: luns e mércores en horario de mañá durante hora e media.
2 grupos: martes e xoves en horario de tarde durante hora e media tamén.
Duración: 20 horas
Temario:
• Windows Xp e Windows 7.- manexo destes sistemas operativos.
• Microsoft Word.- Elaboración de documentos con certa calidade.
• Internet.- Navegar pola rede, creación e manexo dun correo electrónico e uso de distintas aplicacións. Por exemplo: Google Earth, Google Maps.

POSDATA.- Dende a Concellería de Servizos Sociais pásanos a información de que o Obradoiro “Fai as túas Postais de Nadal” que se ía celebrar o vindeiro día 11 de novembro, finalmente non se vai levar a cabo.

Exit mobile version