Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de persoas da Escola de Maiores de Xove participou no belén vivente

Nota de prensa

O BELÉN VIVENTE PRATO FORTE DO INICIO DO NADAL NO CONCELLO DE XOVE

Onte, venres 17 de decembro, comezaron as actividades dentro do PROGRAMA DE NADAL 2010-2011 do Concello de Xove, cunha intensa axenda.

Pola mañá, ás 11:30 horas, Papá Noël visitou a Escola Infantil de Xove onde uns corenta nenos/as, acompañados dos seus país, o esperaban para recibir os seus regalos.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín, inaugurou a Exposición de Pintura de Tony Mendaña na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo, que vai estar aberta ata o 29 deste mesmo mes de decembro.

Como remate deste intenso día, inaugurouse e abreuse o belén de Xove cun espectáculo de luz e son,  no cal un grupo da Escola de Maiores do Concello realizou unha serie de escenificacións convertindo o Belén nun belén vivente. Por último, a chegada outra vez de Papá Noël e o acendido do Árbol de Nadal puxeron fin a estes actos.

Exit mobile version