Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo oferta unha praza temporal de técnico para a oficina de información e asesoramento a inmigrantes

Será por un prazo de cinco meses e a xornada completa, modalidade de obra ou servizo determinado. Para persoas diplomadas en  EXB, traballo social ou educador social. Valoraranse, entre outros, os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta, o coñecemento do galego e a antigüidade no paro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación ata o 5 de xaneiro ás 14 horas. As probas serán o 7 de xaneiro ás 10 da mañá na Casa do Concello.

Exit mobile version