Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo oferta actividades de Nadal no parque de San Francisco, na biblioteca e o auditorio

Nota de prensa

A CARPA INSTALADA NO PARQUE DE SAN FRANCISCO ACOLLERÁ ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS DE TODAS AS IDADES DO 27 A0 30 DE DECEMBRO. ADEMÁIS HABERÁ CONTACONTOS, TEATRO E MAXIA NA BIBLIOTECA E NO AUDITORIO.

Ribadeo, 21 de decembro de 2010. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, presentou hoxe as actividades que organizan o seu departamento, a Concellaría de Xuventude e Deportes e a OMIX para os nenos e as nenas de Ribadeo durante o nadal. Darán comezo o vindeiro 27 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro.

A edil nacionalista contou que “iste ano a novidade máis importante é a carpa instalada no parque de San Francisco que acollerá diversas actividades do 27 ao 30 de decembro en horario de 11:30 a 13:30 e de 16 a 19 horas. Alí todos os nenos de Ribadeo ou os que cheguen doutros puntos para facer as súas compras na nosa vila ou para pasar aquí o día poderán disfrutar, con entrada libre e gratuita, de obradoiros, xogos de grupo, con patíns, playstation, karaoke, pimpón, futbolín…e haberá tamén unha ludoteca para os máis pequenos. Alí haberá monitores que traballarán cos rapaces nese horario, unha iniciativa que permitirá aos pais e ás nais conciliar a vida familiar e laboral nestes días, ademáis de dinamizar a nosa vila”.

Álvarez Lastra sinalou que “tamén haberá outras actividades complementarias na biblioteca municipal Viejo Pancho e no auditorio Hernán Naval, serán contacontos, maxia e teatro os días 27 e 28 de decembro e 4 de xaneiro”.

Centro de día A Concordia

A concelleira de Cultura tamén subliñou que “outra novidade deste 2010 será o obradoiro interxeracional de creación de postais de nadal que se vai celebrar o vindeiro xoves, 23 de decembro, no centro de día de A Concordia. Convidamos a todos os nenos maiores de 8 anos e aos rapaces da nosa vila a que acudan a pasar a mañá desa xornada na Concordia, que é quen organiza a actividade e aparticipar despois na entrega de premios que haberá alí mesmo. Ésta é a única actividade para a que haberá que inscribirse, os interesados poden chamar para anotarse ao centro de día ao seguinte número de teléfono: 982 120 407”.

Mariluz Álvarez felicitou as festas en nome das Concellarías de Deportes e Cultura e animou “a todos os pais e nais e aos que nos visiten a que leven aos seus nenos a participar nas actividades que se desenvolverán na carpa do parque de San Francisco”.

Exit mobile version