Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo intensificou a calidade do alumeado de Nadal como atractivo comercial

Nota de prensa:
RIBADEO ESTREOU ONTE O ALUMEADO DE NADAL. FERNANDO SUÁREZ SUBLIÑA QUE ESTE ANO SE INTENSIFICOU A SÚA CALIDADE COMO SÍMBOLO DE ATRACTIVO COMERCIAL PARA ENGALANAR AS RÚAS DA VILA E ANIMAR AS COMPRAS DESTAS DATAS.

Ribadeo, 21 de decembro de 2010. Nas últimas horas Ribadeo estreaba alumeado de nadal. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que este ano se intensificou a súa calidade como símbolo de atractivo comercial para engalanar as rúas da vila e animar as compras destas datas.

O rexedor manifestou que “un ano máis e como todos os anos por estas datas loce desde onte o alumeado de nadal de Ribadeo instalado polas principais rúas da vila e neste caso, si cadra, un pouco mellor xa que fixemos un esforzo entre o Concello, para manter a aportación económica do ano pasado, e a Asociación de Comerciantes. Así puidemos intensificar a calidade deste alumeado como símbolo de atractivo comercial para engalar as diferentes rúas da vila e favorecer a todo este sector tan importante que temos”.

Suárez Barcia engadiu que “durante estas datas de nadal tamén desde o Concello de Ribadeo queremos seguir aportando ideas e iniciativas para favorecer ao comercio, de aí que na carpa que está instalada no parque de San Francisco se farán diversas actividades infantís para que os pais e as nais dos nenos de Ribadeo e doutros puntos da Mariña e do Occidente asturiano poidan deixalos alí e así poder percorrer os diferentes comercios da nosa vila facendo as compras de nadal. Entendemos que esta iniciativa tamén contribúe a favorecer que a xente veña a Ribadeo e facémolo de acordo coa Asociación de Comerciantes”.

O alcalde sinalou que “desde o Concello tentamos poñer o noso grao de area para que Ribadeo siga a ser ese centro de compras tan importante, mellorado nestes últimos tempos con todas estas rúas atractivas, perfectamente dispostas para o paseo da xente e nestes últimos meses estamos a reforzar o número de obras en todas elas. Agardemos que en pouco tempo Ribadeo luza unha cara nova, moderna e dinámica como se espera dela”.

Exit mobile version