Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo distribuirá a segunda fase o programa de reparto de alimentos do 2010

Nota de prensa:
O CONCELLO PROCEDERÁ Á DISTRIBUCIÓN DA SEGUNDA FASE DO PROGRAMA DE REPARTO DE ALIMENTOS DESTE 2010.

Ribadeo, 22 de decembro de 2010. O Concello procederá estes días á distribución da segunda fase do programa de reparto de alimentos deste 2010 entre as familias que están a atravesar por importantes dificultades económicas.

O alcalde, Fernando Suárez, sinala que as persoas que se atopen nunha situación complicada poden contactar cos Servizos Sociais do Concello, persoándose nas oficinas do auditorio municipal Hernán Naval ou chamando por teléfono ao 982 120 808. O reparto farase na casa do Viejo Pancho de 10:30 a 12:00, de luns a venres.

Exit mobile version