Site icon Crónica3.com A Mariña

Quere o PP que as infraestruturas da Deputación teñan o consenso do pleno

Nota de prensa:
O GPPP quere que as infraestructuras que vaia acometer a Deputación se debatan e consensúen no pleno

Lugo, a 26 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará o pleno do vindeiro martes unha moción na que propón que a Deputación se comprometa a programar as futuras actuacións en materia de infraestructuras seguindo criterios obxectivos baseados en variables territoriais, ambientais, funcionais e económicas e que, en aras de conseguir unha maior transparencia e igualdade de oportunidades, serán debatidos e consensuados no pleno provincial e publicitados convenientemente para xeral coñecemento de tódolos concellos da provincia

Na proposta o GPPP fai fincapé en que na situación económica que estamos padecendo, cunha prolongada crise que leva castigando durante os últimos tres anos ós cidadáns, a Deputación de Lugo ten a obriga de contribuir, na medida das súas posibilidades, á dinamización e reactivación económica da provincia. Un dos instrumentos para facelo é, segundo os populares, a inversión en infraestructuras, que vertebren o territorio e contribúan ó desenvolvemento económico e social da provincia.

Estas inversións, segundo insisten os populares na súa moción, deben estar programadas atendendo a unha serie de indicadores obxectivos co fin de que a inversión pública sexa o máis eficiente e productiva e se empregue alí onde resulta máis necesaria.

Exit mobile version