Nota de prensa:
As obras consistiron no reforzo do dique de abrigo de San Cibrao mediante a colocación de escollera de maior tamaño que a existente
PORTOS REMATA AS OBRAS DE EMERXENCIA DO REFORZO DA ESCOLLERA PROVOCADAS POLO TEMPORAL BECKY NO PORTO DE SAN CIBRAO
Dadas as características das avarías e dos danos producidos fíxose necesaria a pronta reparación da escollera para poder garantir o correcto funcionamento da estrutura
Con nesta actuación o porto recuperou a súa actividade un mes despois do temporal e devolveu a normalización da actividade portuaria aos diferentes usuarios do porto
Santiago, 11 de decembro de 2010.- Portos de Galicia, rematou as obras de emerxencia no porto de San Cibrao, provocadas polo temporal “Becky” do pasado día 9 de novembro que afectaron, entre outros, a este porto da cornixa Cantábrica. O investimento foi de 124.000 euros.
Con esta actuación o porto de San Cibrao recuperou a súa actividade un mes despois do temporal. Dadas as características das avarías e dos danos producidos, fíxose necesaria a pronta reparación da escollera para poder garantir o correcto funcionamento da estrutura e devolver a normalización da actividade portuaria aos diferentes usuarios do porto.
Ademais, as obras tiveron por obxecto a reparación urxente dos distintos elementos deteriorados, tales como cubertas, muretes, pavimentos e rede eléctrica pero, ademais, no caso de San Cibrao foi necesario realizar obras de reforzo da escollera coa maior urxencia posible, para evitar posibles problemas coa seguridade das instalacións.
As obras consistiron no reforzo do dique de abrigo de San Cibrao mediante a colocación de escollera de maior tamaño que a existente e a retirada da escollera que escavou o temporal cara a canle xa que representaba un risco para a seguridade da navegación, sustituíndoa por outra de maior tamaño, próxima ao espaldón.