Nota de prensa
Portos prevé rematar o ano cun aumento do 65 % no tráfico de mercadorías, con máis de 1,7 millóns de toneladas
As previsións deste exercicio avalan a política portuaria do ente público de rebaixa das taxas portuarias traducida nun aumento importante da actividade
O ente público rexistrou un aumento arredor do 1,6 % nos seus ingresos por taxas portuarias incluso despois da importante rebaixa efectuada este ano
Xuntanza do Consello de Administración de Portos de Galicia
O ente público rexistra un aumento arredor do 1,6 % nos seus ingresos por taxas portuarias incluso despois da importante rebaixa efectuada na contía das mesmas levada a cabo neste ano. As previsións deste exercizo avalan a política portuaria de Portos de baixada das taxas, coa redución dos impostos, que se traduce nun aumento importante da actividade portuaria, como un “efecto rebote”, segundo informou o presidente de Portos de Galicia durante o Consello de Adminsitración.
Outro dos puntos tratados foi o inicio do proceso de modificación da Lei para a ampliación do prazo máximo de duración dos títulos de outorgamento de autorización e concesións. O seu obxectivo é estimular a inversión privada ao aumentar os prazos para amortizar os investimentos realizados.
Neste senso, solicitouse a modificación no relativo á ocupación de dominio público portuario mediante a autorización, que será por un prazo non superior a catro anos e mediante concesión, que será polo que determine o título correspondente, pero non superior a 50 anos. No caso de que sexan de interese estratéxico relevante o polo seu nivel de investimento, a concesión poderá ampliarse incluso ata os 75 anos.