Nota de prensa:
ELIXIDOS OS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS DO CONCELLO DE CERVO
Cervo, 13 de decembro de 2010.- O Concello de Cervo -a través das súas delegación de Cultura- fixo público o nome dos gañadores do concurso de postais do Nadal organizado polo Concello de Cervo entre os escolares dos dous colexios de ensino primario do municipio
Os gañadores son os seguintes:
VIII Concurso de Postais do Nadal
Categoría | Nome e Apelidos | Colexio | Idade |
Absoluta | Paula Díaz Yáñez | CEIP Cervo | 9 anos |
De 3 a 5 anos | Lucía Soto López | CEIP Cervo nº1 | 5 anos |
De 6 a 9 anos | Desiree Gª Sandomingo | CEIP Cervo nº1 | 6 anos |
De 10 a 12 anos | María Fernández Lamelas | CEIP Cervo nº1 | 11 anos |
A postal gañadora na categoría absoluta será utilizada polo Concello como felicitación institucional destas festas de Nadal de 2010.
A entrega de premios aos gañadores terá lugar o vindeiro xoves, 23 de decembro, no transcurso da actuación do contacontos que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das seis e media da tarde (18.30 h.).