Site icon Crónica3.com A Mariña

Pallasos e teatro dentro das actividades do programa de Nadal de Xove para esta fin de semana

Nota de prensa:
O PROGRAMA DE NADAL SIGUE O SEU CURSO EN XOVE

Para este fin de semana tan navideño, o Concello de Xove ten programadas dúas importantes actividades:

Sábado, 25 de decembro

Ás 18:00 horas, nunha CARPA ubicada na Praza do Centro Cívico, terá lugar “EL SHOW DE LOS PAYASOS”, un espectáculo netamente familiar, onde os nenos/as van disfrutar a tope coasa músicas, xogos e payasadas destes entrañables artistas. Para rematar, e dado o tempo que estamos a sofrir, nada mellor que unha CHOCOLATADA. Actividade totalmente gratuita e absolutamente recomendable para nenos e pais.

Domingo, 26 de decembro

Ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, disfrutarermos da obra de teatro “UN NADAL NO POLO NORTE”, do teatro de monicreques TEATRO DO MIOLO.

“Peza de teatro infantil interactiva con monicreques interpretada por duas actrices e un actor.

Os nenos terán a posibilidade de coñecer o mesmisimo Papa Noel A obra desenrrolase no obradoiro de xoguetes de Papa Noel no polo norte onde o seu axudante “Pechilo” decide organizar unha folga para conseguir que cando se pense no Nadal consideremos sempre a todos aqueles que o fan posible: os traballadores. Papa Noel e os seus axudantes reuniranse para chegar a un acordo pero ….. conseguiran que os agasallos dos nen@s de todo o mundo cheguen a tempo o seu destino?”

A entrada a esta obra é tamén de carácter totalmente libre e gratuito.

Dende o Concello de Xove aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes do noso Concello a participar nestas e nas outras moitas actividades programadas para celebrar o Nadal.

Exit mobile version