Site icon Crónica3.com A Mariña

Os laranxas xogarán a segunda eliminatoria da Copa do REi co Autos Lobelle o 22 de decembro

Nota de prensa:
OS LARANXAS XOGARÁN A SEGUNDA ELIMINATORIA DA COPA DO REI CO AUTOS LOBELLE (22 DECEMBRO)

Os laranxas xogarán a segunda eliminatoria da Copa do Rei co Xacobeo 2010 Autos Lobelle de Santiago, tras a rifada vitoria de onte en Oleiros, ante o Hotel Torques FS-Mera. O duelo entre santiagueses e burelistas será o mércores 22 de decembro, en Vista Alegre (20.30 horas).

No seu terceiro encontro en tan só cinco días, o Burela FS tivo que botar man dos penaltis para impoñerse aos coruñeses, tras esgotar o tempo regulamentario con 3-3. Os pupilos de Suso Rey medíronse a un rival ben posicionado, sólido en defensa e con grandes aparicións do gardameta, Iago.

A superioridade mariñá puido verse xa dende os primeiros compases; no ecuador da primeira parte xa saíran un par de tantos das zapatillas de Juanma (minutos 1 e 10). No 14 Javicho recortou distancias (1-2).

Tras o descanso, o Mera foi máis eficaz; aproveitou o desatino burelista de cara á portería en numerosas ocasións, conseguiu igualar no minuto 34, grazas a un dobre penalti de Javicho, e incluso poñerse por diante, no 37, cun lanzamento de Buxía. No 39, foi Víctor Cachón, tras unha falta a Juanma, quen subiu o 3-3 ao electrónico.

Na quenda de penaltis sentenciaron os mariñáns Purao, Esteller e Juanma. Polo Mera Fon, Óscar e Buján bateron con Edu; acertou Javicho.

Ficha técnica

Hotel Torques FS: Iago Barro, Buján, Javicho, Buxía e Fon; tamén xogaron Bichi, Roberto, Martín, Óscar, Oscarín e Isma.

Burela FS: Edu, Purao, Juanma, Adri Gaona e Esteller; tamén xogaron André, Paleta, Víctor Cachón, Manu, Minu e Christian.

Goles: 0-1, minuto 1, Juanma; 0-2, minuto 10, Juanma; 1-2, minuto 14, Javicho; 2-2, minuto 34, Javicho (d.p.); 3-2, minuto 37, Buxía; 3-3, minuto 39, Víctor Cachón

Árbitros: González Armada (Ourense) e Montero Garrido (Vigo)

Exit mobile version