Site icon Crónica3.com A Mariña

Os derrotistas e outros males

É evidente e habitual no ser humano cometer erros, meter a pata ata o fondo e, se alguén o descobre, tratar de sacala sen facer moito ruído. Ás veces ata se pide perdón pola equivocación cometida e trátase de desandar o camiño percorrido na medida do posible… aínda que iso non é aquí deporte nacional. Pero claro, hai certos erros que, por aquilo do cargo e da gravidade da equivocación, resultan imposibles de entender… e máis cando un ve a reacción daquel que comete a falta.

Desde logo hai xente que non sabe comportarse, xente que o que mellor sabe facer é tocar os Collins o veciño de turno  e sinalar, co seu dedo inquisidor e retorto, o máis mínimo motivo para, sendo ou non incorrecto e certo, sacarlle os máximos defectos. Non importa que ninguén faga algo similar antes, que se faga con todo o agarimo, que supoña moitas horas de esforzo ou un gran investimento… non, todo iso non lles importa unha merda a todos eles, aos que se cren en poder da verdade, da sabedoría e o coñecemento e sobre todo do poder, sexa este raquitico, mediano ou grande ou do tipo cagabandurria.

Son os derrotistas, é dicir, eses listiños de quenda que se cren capacitados para falar de calquera cousa aínda que non teñan nin poñetera idea, aínda que non saiban da historia a metade. Non temen meter a pata ata a entreperna, nin quedar no máis absoluto dos ridículos, o seu só é criticar o labor dos demais, do modo máis acedo e nocivo posible, sen levar a cabo sequera unha soa crítica construtiva, senón encher follas, papeles e radios desas queixas negativas que case invitan ao suicidio colectivo.

Inútiles e incapaces de crear algo, os derrotistas limítanse a farfullar comentarios ditatoriais, putear o proximo e a crer, na súa absoluta mala leite, que separan o ben do mal e un mandato biblico. (Un que eu me sei, que antes se paseaba por cestas lareiras, adáptase moi ben a esta descrición, verdade? Jejeje…). Así que… pasando que é xerundio… ou non? E se non… ¡Mira, que lle la  pique un  alacran e a rañala!.
Otero Regal

Exit mobile version