ADESTRAMENTOS DE GALICIA SUB-19
Achégase o Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-19 (27-30 decembro) e a Selección Galega segue perfilando a súa aposta cun novo adestramento no que volverán participar os burelistas Manu, Juan e Antón. Será o luns 20, ás 18.30, no pavillón santiagués de Roxos.
Xunto aos representantes do CD Burela FS, conforman este chamamento do combinado irmandiño Antonio Diz, Diego Núñez e Ángel Trabada, do Azkar Lugo FS; Alejandro Sal, David Pazos e Marcos Fernández, do Autos Lobelle; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma e Antonio Rodríguez, do AD FS Bueu.
Primeira fase
Grupo I: Melilla, Navarra, Aragón e Estremadura
Grupo II: Andalucía, Castela-A Mancha, Madrid e Galicia
Grupo III: Cataluña, Baleares e Canarias
Grupo IV: Murcia, Castela e León e a Comunidade Valenciana
Grupo V: Asturias, A Rioxa e o País Vasco