Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario xeral para o Deporte inaugurou o campo de herba artificial da Marosa, en Burela

Nota de prensa

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE INAUGURA O CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DA MAROSA, EN BURELA, NO QUE SE INVESTIRON MÁIS DE 600.000 EUROS

As obras consistiron na dotación de céspede, na limitación do terreo de xogo e na construción de dous campos de fútbol 7

Burela (Lugo), 17 de decembro de 2010.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou esta tarde o campo de herba artificial da Marosa, en Burela, que contou cun investimento de 603.000 euros. Á dotación desta infraestrutura, o Goberno galego destinou un total de 504.000 euros, sendo achegados os 99.000 euros restantes polo Concello de Burela.

Durante o acto, José Ramón Lete Lasa destacou o esforzo que está a realizar o Goberno galego na mellora e dotación de infraestruturas deportivas, consciente, dixo, de que a práctica do deporte e a promoción da actividade física contribúen a implantar na sociedade un estilo de vida máis saudable.

O secretario xeral para o Deporte referiuse tamén á sinatura, hoxe mesmo, dos contratos de patrocinios cos equipos de alta competición da provincia de Lugo dos que, lembrou, se beneficiarán os equipos de fútbol sala CD Burela, masculino e feminino, cun importe de máis de 65.900 euros. Lete Lasa remarcou que con esta actuación a Secretaría Xeral para o Deporte quere apoiar os equipos galegos de Alta Competición, nun momento, dixo, no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa privada.

Obras do campo de fútbol da Marosa
As obras acometidas no campo de fútbol da Marosa consistiron no cambio de céspede, na instalación da rede de rego mediante aspersores de tipo canón (cun alcance de máis de 35 metros), a limitación do terreo de xogo e o acondicionamento de dous campos de fútbol 7. Así mesmo, realizáronse actuacións para a recollida das augas de escorrentía e recolocouse o alumeado xa existente.

Exit mobile version