Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado 19 Aberto do Galo de billarda na pista de Ove, en Ribadeo

Nota de prensa:

A LNB continúa sin trégola a súa andaina billardeira, nomeadamente iste fin de semana na que agás no Noroeste (que disputou a 2 º xornada o pasado domingo día 12 na Coruña), temos abertos nas outras catro conferencias: en Porriño xogan os da conferencia Sur, os do Centro fano en Compostela, a Bezouqueira en Mugardos e nos, a conferencia Norleste, farémolo na pista de Ove si o tempo o permite; senón será no Colexio Gregorio Sanz a cuberto da choiva.
Como premio para o gañador o xa tradicional e cobizado “galo de Ginés”. Tamén haberá algún agasallo para os tres primeiros clasificados na xornada.
O equipo de “Os Outros” teñen a tiro o primeiro posto e disque van a por todas para desbancar os “Billardeiros Musicais”, confrmana un grandísimo equipo e os seus palanadores xornada a xornada consolídanse nos primeiros postos da táboa. Por outra banda os “Bateas” de Portonovo queren ter unha presenza mais que testimonial nesta conferencia e chegarán cas súas mellores armas ainda que terán que multiplicarse para atender a tódolos compromisos. Os “Remourelle Bulls” buscarán ter un bó día e loitarán por non perder o terceiro posto e os Ekipa-Bítere-Mobles Folgueira andan como tolos en busca de reforzos para asentar de unha vez por todas o equipo e facelo mais competitivo, son moi irregulares e ata o momento dan mais a de area que a de cal.
Todolos pronosticos, apuntan a unha xornada chea de emoción e loita sin cuartel que unha vez mai nos fará vibrar a tódolos amantes de este xogo-deporte.
Animamos a toda a xente para que se achegue e participe con nos. Non hai límite de idade, dende os cativos ata os abós poden xogar. So se precisa gañas de pasalo bén. Iso sí, as catro empezamos, polo que todo aquel que queira participar debe apuntarse a pé de pista antes das 15,45 h.

Exit mobile version