Nota de prensa
OS SOCIALISTAS RECLAMAN EXPLICACIÓNS POLO PECHE DAS DELEGACIÓNS DA TVG
– O portavoz da Comisión da CRTVG Ricardo Varela quere coñecer que previsións manexa a Dirección da CRTVG para realizar a cobertura informativa territorial, á vista das últimas decisións en relación co peche de Delegacións e despido de traballadores.
– Varela denunciou a pouca cortesía parlamentaria do Director da Compañía da CRTVG xa que “non apareceu polo Parlamento para dar conta destes asuntos”, e lembrou que compareceu a semana pasada
Santiago, 1 de decembro do 2010. O portavoz da Comisión da CRTVG Ricardo Varela anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa parlamentaria para reclamar explicacións polo peche das delegacións da TVG (Burela e Ferrol).
O portavoz socialista quere coñecer que cales son as previsións que manexa a Dirección da CRTVG para realizar a cobertura informativa territorial, á vista das últimas decisións en relación co peche de Delegacións e despido de traballadores?.
Varela denunciou a pouca cortesía parlamentaria do Director da Compañía da CRTVG xa que “non apareceu polo Parlamento para dar conta destes asuntos”, e lembrou que compareceu a semana pasada “pero non informou de nada”.
A maiores o deputado socialista denuncia a situación laboral dos traballadores do ente publico. Lembra que a OPE esta paralizado “pola neglixencia do PP”. Reclamou garantías de transparencia e igualdade, xa que asegura que os membros dos tribunais van a ser nomeados polo PP.