Nota de prensa
O SR.Villares: O ALCADE QUE AGARDA A QUE LLE TRAIGAN AS SOLUCIÓNS DAS NECESIDADES DO CONCELLO AO DESPACHO
O GMS LLE PIDE POR ENESIMA VEZ AO SR. VILLARES QUE SE POÑA A TRABALLAR E A ATENDER O CONCELLO
Vaia por diante que é a súa obligación atender e velar por todas as actuacións que se faigan no Concello. O que se lle critica é esa falla de traballo que ó final se traduce nunha ineptitude a que nos ten acostumados, xa que si os veciños lle transladaron fai tempo esa necesidade, él non soupo dar resposta ás demandas dos mesmos, e pola contra espera unha visita duns técnicos para facerllo chegar cando xa están actuando por iniciativa do propio Ministerio.
O mais lamentable é que nas competencias municipais ocorre o mesmo, non se molesta en atender as necesidades do Concello e ten todo o municipio abandoado como ocorre por exemplo no Burgo da Senra, concretamente nos lugares de Sacido, o Torrollón, os Curras, que presentan un estado lamentable dende anos, e non será por as veces que os veciños lle transladaron ao Sr. Alcalde en reiteradas ocasións o descontento polo mal estado que presentaban estes viais municipais.
Igualmente esta a suceder no lugar das Quintas, xa que o estado no que se atopan as estradas e deplorable, pero parece ser que ao máximo mandatario deste Concello o que realmente lle atañe a suas propias competencias parece non importarlle moito.
Neste caso ten que ser por propia iniciativa, asi que dende o GMS lle pedimos e novamente lle esiximos que se poña a traballar e arranxe estes viais do Burgo da Senra así como nas Quintas, que non se preoucupa nin o maís mínimo en atender as necesidades do Concello e polo tanto as necesidades dos seus veciños.