Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que o “PP abandonou e enganou aos traballadores de Sargadelos” e esixe que resolva o problema de todos eles

Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS DIN QUE O PP ABANDONOU E ENGANOU AO TRABALLADORES DE SARGADELOS, E ESIXELLE QUE RESOLVA O PROBLEMA DO 100% DOS TRABALLADORES AFECTADOS POLO ERE

– O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca dixo que “a Lei non permite dar axudas públicas a unha empresa que reducira plantilla estable, sen que sexa froito dun acordo que planifique e garantice a viabilidade do proxecto empresarial”

-Denunciou que agora o Partido Popular volve a “copiar” o que nós pedíamos pero faino “con tres meses de retraso e sen solucionar completamente o problema dos traballadores”

– Tome Roca afirmou que o PP de Cervo, pretenden crear unha cortina de fume para non afrontar a reincorporación das oito persoas despedidas, por iso reclamoulle ao Goberno de Feijoo que dea a cara e que “non se esconda e que interceda para que as readmitan”

Santiago de Compostela , 17 de decembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca interveu hoxe na Comisión 6º do Parlamento para debater unha iniciativa sobre a empresa Sargadelos. Alí esixiu ao Partido Popular, que antes da sinatura do Plan de viabilidade e antes de facer efectivas as axudas públicas, que apoiamos dende o PSdeG, se readmitan as 8 persoas que foron despedidas e que, coma o resto dos traballadores teñan o mesmo dereito de acollerse ao ERE de reducción de xornada. A emenda socialista foi rexeitada polo PP.

Tome Roca lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista defendeu unha iniciativa (no pasado Pleno do día 28 de setembro) na que reclamamos “que a Consellería de Traballo e Benestar rexeite o ERE presentado pola empresa Sargadelos, que facilite a través do IGAPE mediante avais ou axudas de capital e que impulse un Plan de Víabilidade negociado entre a Xunta de Galicia, a Empresa e os Representantes dos Traballadores, que asegure a continuidade da empresa Sargadelos, e que asegure a continuidade de todos os postos de traballo sen modificacións traumáticas da plantilla actual”. Pero lamentou que o PP rexeitou esta proposta.

O deputado afirma que agora o Partido Popular volve a “copiar” o que nós pedíamos pero faino “con tres meses de retraso e sen solucionar completamente o problema dos traballadores”, xa que esquecen que “8 traballadores que xa foron despedidos e que ademais, non se corresponden coa lista inicial de afectados polo ERE”.

O portavoz socialista dixo que esta axuda non está ubicada no marco dun plan de viabilidade negociado e acordado entre a empresa, os traballadores e a propia Xunta de Galicia, e polo tanto non está claro que responda a criterios empresariais obxectivos. E insiste nas súas criticas “a Lei incluso non permite dar axudas públicas a unha empresa que reducira plantilla estable, sen que sexa froito dun acordo que planifique e garantice a viabilidade do proxecto empresarial, e cos despidos que se produciron en Sargadelos, é de dudosa legalidade o que están anunciando”.

Asegura que a Xunta non poden negar axudas porque advirte que “ata novembro de 2010, o IGAPE , dos 345,9 millóns de euros que ten de orzamento, sólo foi capaz de executar 65 millóns de euros, o que supón un 18.8% de execución”.

Tome Roca dixo que o PP de Cervo, pretenden crear unha cortina de fume para non afrontar a reincorporación das oito persoas despedidas, por iso reclamoulle ao Goberno de Feijoo que dea a cara e que “non se esconda e que interceda para que as readmitan”.

Teñen medo a perder a Alcaldía de Cervo?

Asevera que o Partido Popular intentar mentir e de enganar ós veciños e as persoas afectadas polo ERE que a día de hoxe están despedidas. E cualificou a actitude do deputado popular como “impresentable”. E díxolle a que “teñen medo a perder a alcaldía de Cervo?. E ao fío desto preguntou como é posible que a Consellería de Economía e Facenda vai a aportar un millón de Euros para intentar impulsar a Cerámica de Sargadelos e ao mesmo tempo a empresa estea despedindo a traballadores?, espetou.

Emenda socialista

Por ultimo aludiu a emenda socialista, e afirmou que defende a obrigatoriedade a empresa a readmitir a todos os traballadores despedidos e que, cando volvan a formar parte da plantilla cos mesmos dereitos que tiñan, se fose necesario dentro da negociación dun plan de viabilidade proceder a prexubilacións anticipadas. Dixo que este tipo de conflictos deben negocialos a Empresa, o Comité de Empresa, a Consellería de Traballo e o Ministerio de Traballo, con aportacións do 60% pola Empresa, o 20% pola Consellería de Traballo con cargo a Orde que ten Publicada para estes casos e o 20% restante polo Ministerio de Traballo.

Reunión cos afectados

O Grupo Parlamentario Socialista mantivo pola mañá un encontro co Comité de Empresa de Cerámicas O Castro e dos sindicatos UGT e CC.OO. Nela amosaron a súa solidariedade cos traballadores afectados e manifestaron a súa disposición para defender os seus dereitos e os seus intereses.

Exit mobile version