Site icon Crónica3.com A Mariña

O primeiro mercadiño de Nadal de Asociación vaise celebrar en Burela o sábado 11 de decembro

Nota de prensa:

O vindeiro sábado, día 11 de Decembro, celebrarase en Burela o 1º mercadiño de Nadal de Asociacións, organizado pola Asociación Vagalune coa colaboración dalgunhas das principais asociacións culturais da vila: Ledicia, Dambara e a caboverdiana Raventolas.

Dende as 12 da mañán e ata as 8 da tarde, na antiga praza de abastos (Edificio de Asociacións), celebrarase un mercadiño de artigos artesanais e de segunda man, no que tamén se poderán degustar petiscos caboverdianos, chocolate e viño quente.

A xornada estará ademais animada coas intervencións dos grupo musicais e de baile Raventolas, Ledicia e Dambara.

Os obxectivos desta xornada son o de fomentar o encontro entre as diversas asociacións da vila, acadar fondos para a promoción de actividades culturais no vindeiro ano 2011 e, sobre todo, constituirse na primeira edición dunha nova tradición do nadal da nosa comarca.

Exit mobile version