Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Xunta comunicou á Comisión en Defensa da Sanidade que Foz non terá servizo de urxencias

Nota de prensa

VALORACIÓN DA REUNIÓN MANTIDA CO PRESIDENTE DA XUNTA O 27-11-2010

Nota de prensa

No día de hoxe reunímonos os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública para valorar a reunión mantida co Presidente da Xunta de Galicia o pasado 27 de Novembro de 2010.

Os membros da Comisión  queremos facer publico que a nosa valoración da reunión mantida e de moi negativa para os interese de Foz de contar con un servizo de urxencias médicas 24 horas no Centro de Saúde de Foz. Valoramos a reunión de moi negativa en base o seguinte:

1.- O Presidente Feixóo limitouse a falar da crise económica, dos escasos recursos de que se dispón e da ambulancia medicalizada. Defendeu a ambulancia medicalizada como algo fundamental para as urxencias médicas de Foz e non quixo entrar en outras consideracións. As súas intervencións centráronse de unha forma machacona só nas bondades da ambulancia medicalizada.

2.- O Presidente non tivo en conta para nada os datos obxetivos que lle presentamos:

– Foz e o único Concello de Galicia de 1000 habitantes sen PAC

– O PAC de Burela está moi masificado e os tempos de espera son moi superiores os de outros PACs de Galicia a maioría das veces

– O número de veciños asignados o PAC de Burela e un dos maiores de todos os PACs de Galicia, sen contar o importante aumento de veciños no verao, Semana Santa, Carnavais, Pontes, etc.

3.- O Presidente non contempla a necesidade de un servizo de urxencias médicas 24 horas para Foz, nin asumiu ningún compromiso de acadar os datos que lle solicitamos par contrastalos con nos. Tampouco se comprometeu a volver a reunirse con nos, nin el nin a Conselleira.

4.- So se comprometeu a manter a ambulancia medicalizada e na primavera (sen concretar data) facer unha valoración das persoas que atendeu en todo este tempo, as doenzas que padecían, etc. E tamén o de cuantificar o número de veciños de Foz que acudiron o PAC de Burela. Con esa información facer unha proposta para Foz.

5.- O PP usou o tema das urxencias médicas de Foz de unha forma partidista e con fins electoralistas. Só así se explica que os señores Santalices e Balseiro viñesen a sede da asociación de veciños O Castro a reunirse con nos ofrecendonos a súa axuda para resolver o tema das urxencias médicas de Foz. Mesmo presentaron na lexislatura anterior varias mocións no Parlamento de Galicia solicitando un PAC ou un servizo de urxencias médicas 24 horas para o Centro de Saúde de Foz. O mesmo que agora rexeitan.

6.- Os membros do PP focense presentes na reunión non abriron a boca en defensa das urxencias médicas para Foz, nin sequera para pedirlle o Presidente un esforzo neste tema. As escasísimas intervencións que tiveron só foron para defender a postura do Presidente e para solicitarlle os membros da comisión que había que esperar.

Exit mobile version