Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita no Parlamento a apertura dos distintos cuarteis da garda civil en Galicia

Nota de prensa

Dámaso López sinala os cuarteis de Oleiros na Coruña, Monforte, Samos ou Ribadeo en Lugo,  Rodeiro en Pontevedra, ou Ribadavia en Ourense como exemplos pendentes de entrega e que implica que os efectivos destiñados nesas zonas  non conten con instalacións dignas para as súas tarefas profesionais

O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO A APERTURA DOS DISTINTOS CUARTEIS DA GARDA CIVIL EN GALICIA CON OBRAS DE REFORMA OU REMODELACIÓN XA REMATADAS

o Na Proposición non de Lei, presentada polo trámite de urxencia, se pide así mesmo que se garantan deste xeito as vivendas aos efectivos destinados aos mesmos

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2010.- O Grupo Parlamentario do PpdeG, a través do deputado Dámaso López, presentou no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei para o seu debate en pleno, polo trámite de urxencia, na que insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno Central para que proceda á entrega e posta a disposición dos seus destinatarios das obras rematadas de reforma e remodelación de distintos cuarteis da Garda Civil en Galicia.

Na iniciativa, Dámaso López fai referencia en concreto aos cuarteis sitos en Oleiros, na provincia de A Coruña; Monforte, Samos ou Ribadeo en Lugo; Rodeiro en Pontevedra; ou Ribadavia na provincia de Ourense como exemplos pendentes de entrega. Para o Grupo Popular é urxente mudar a situación que atravesan os gardas civís que prestan os seus servizos nestes cuarteis ou noutros cunha situación similar xa que ademais de non poder contar cunhas instalacións dignas para levar a cabo a súas tarefas profesionais, imposibilitase o seu dereito a contar cunha vivenda e se lles causa prexuízos de caracter económico.

OBRAS REMATADAS

Para o PPdeG trátase dunha situación inxusta tendo en conta que na maioría dos casos as obras xa están rematadas e non se entenden os motivos que xustifican que aínda non foran entregadas. Para os populares galegos o desenrolo da misión da Garda Civil como parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pasa porque conten con todos os recursos necesarios para levar a cabo as súas tarefas e funcións con plenas garantías.

O PPdeG considera que o Ministerio do Interior, responsable dos seus servizos, as súas retribucións, destinos e dotación de medios e responsable polo tanto dos acuartelamentos, que contan na maioría dos casos con vivendas para os seus compoñentes e as súas familias, polo que urxe a súa entrega co obxetivo de garantir estas vivendas máxime unha vez que están rematados os seus traballos de remodelación ou reformas.

Exit mobile version