Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita á Xunta que o recinto de Sargadelos sexa declarado ben de interese cultural

Nota de prensa:
Nunha iniciativa transaccionada co PSOE no Parlamento se aprobou iniciar os expedientes para esta Declaración nos recintos dos complexos do Castro de Samoedo, en Sada, e de Sargadelos

O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO QUE A DECLARACIÓN DE BEN DE INTERESE CULTURAL NO RECINTO DE SARGADELOS SEA COMPATIBLE COA SÚA ACTIVIDADE INDUSTRIAL

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou na sesión do pleno celebrado hoxe unha Proposición non de Lei , transaccionada entre PPdeG e PSdeG, na que se solicita á Xunta a declaración de Ben de Interese Cultural dos recintos dos complexos do Castro de Samoedo, en Sada, e Sargadelos , en Cervo, ligados ao Laboratorio de Formas, incluíndo as coleccións e bibliotecaas neles contidos. Na emenda presentada polo PPdeG e aprobada tamén incluía que o expediente relativo ao complexo de Sargadelos complete integralmente a declaración en vigor.

ACTIVIDADE INDUSTRIAL

O PPdeG sinalou na defensa da iniciativa que esta Declaración debe de ser compatible coa actividade industrial da empresa “xa que a razón última da existencia de Sargadelos é a súa actividade cerámica e carecería de sentido que a súa protección prexudique ou afecte á razón da súa existencia” segundo o voceiro popular de Cultura, Ignacio López-Chaves.

O PPdeG sinalou que é a Xunta, previos informes técnicos e o dictame dos órganos consultivos, a que determine e delimite o que debe ser declarado como Ben de Interese Cultural.

Exit mobile version