Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reclama a operatividade total do cuartel da Garda Civil de Ribadeo

Nota de prensa:
O subdelegado do Goberno pre-inaugurou en abril de 2010 estas instalacións e cando está a piques de rematar o ano aínda non fixeron a entrega efectiva das mesmas

BALSEIRO RECLAMA A INMEDIATA E TOTAL OPERATIVIDADE DO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE RIBADEO CUXAS OBRAS XA REMATARON FAI MESES

o O atraso na entrega dos espazos do edificio nos que se desenvolveron obras de mellora dificultal o traballo profesional axeitado dos axentes e lles están a privar da súa residencia

Santiago, 22 de decembro de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro reclamou a inmediata e total operatividade do cuartel de Garda Civil de Ribadeo e instou á Xunta a dirixirse ao Ministerio do Interior para que poña a disposicións dos axentes deste corpo de seguridade as instalacións cuxas obras xa remataron fai meses.

O devandito atraso na posta a disposición destas instalacións aos seus destinatarios está a privar aos gardas civís que prestan servizos neste cuartel da posibilidade de contar cunhas instalacións dignas para levar a cabo as súas tarefas profesionais e de atención ao público, pero ademais tamén do dereito a contar cunha vivenda e unhas instalacións de residencia axeitadas, de xeito similar ás que dispoñen outros compañeiros deste mesmo colectivo profesional. O devandito feito constitúe un obstáculo engadido ás dificultades que xa de por si se están a atopar os profesionais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para levar a cabo as súas tarefas e funcións con plenas garantías.

PREINAUGURADAS DESDE ABRIL DE 2010

O proxecto de rehabilitación das dependencias oficias da Benemérita nesta vila mariñá centrouse primordialmente na rehabilitación integral dos pavillóns, substitución das instalacións básicas de servizos, bestiario, sistema de climatización e video vixilancia. No seu momento recibiron a visita do Subdelegado de Goberno en Lugo (abril de 2010) quen adiantou a súa inminente apertura, e aproveitou a súa presenza a modo de inauguración informal. Malia todo os meses transcorren e as instalacións seguen sen ser entregadas.

DESPREZO DE INTERIOR

Jose Manuel Balseiro explicou que malia que nas últimas datas produciuse unha vaga de roubos que afectaron a varias vivendas e empresas da Mariña lucense, e que xeraron certa alarma social e preocupación nos veciños destas comarcas, o Ministerio do Interior mantén sen operatividade, e pendentes de entrega, as obras que levou a cabo no cuartel de Garda Civil en Ribadeo. Malia todo esta no é a primeira vez que Galicia e, nomeadamente, a Mariña lucense sufre o desinterese e falta de atención do Ministerio do Interior. Xa aconteceu cando durante meses mantivo sen reparar e, sen prestar o seu servizo, á lancha do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Ribadeo –básica na prevención e loita contra o contrabando- ou tamén cando desde o Goberno central se están a negar a dotar de profesionais e servizo permanente á base que a Garda Civil do Mar ten nas instalacións portuarias de Viveiro

Exit mobile version